A botica da expresión Rotating Header Image

Marzo, 2009:

Canadá

Voltamos o mesmo. Un ano máis, o goberno canadiense autoriza a caza de máis de 330.000 focas nos seus territorios… Nestes últimos anos perderon a vida máis dun millóns destes animais, co cranio partido a golpes dos pescadores reconvertidos en cazadores de mamíferos por unhas semanas.

As razóns esgrimidas polo goberno do Canadá non distan moito doutras barbaridades que se comenten no planeta e que teñen nos animais non humanos o seu punto de partida (e de final). Diñeiro, emprego; todo vale para xustificar tamaña situación.

Xa existen varios estados que prohibiron o comercio de productos derivados da matanza canadiense; Estados Unidos é un exemplo, e o último en sumar é Rusia, quen critica os canadienses por permitir e fomentar a caza.

A Unión Europea debatirá moi pronto a mesma prohibición que xa posúen outros países, e non será polos eurodiputados españois, quenes, salvo contadas excepcións, apoian a situación actual… estes representantes dos españois, entre os que se atopan galegos e galegas, prefiren ver animais sen pel tirados como lixo, a facer avanzar o país cunha prohibición máis lóxica, e do século XXI

Arranxando a batería

Levo bastante tempo sen escribir, e non é por falta de tempo, senón por olvido completo. O meu segundo blogue, no xornal dixital “TerceraInformación”, e escrito en castelán, claro; tampouco está moi actualizado, e leva uns días sen subir nada novo…

Espero voltar nuns días, con novas entradas, novas historias e novas críticas; que hai moito de que falar

Coches

A campaña electoral galega foi, sen ningunha dúbida, unha das estratexias políticas para conseguir o Parlamento galego máis rastreiras e sucias que se recordan.

O Partido Popular, baixo o poder que outorga o anonimato, non dubidou en cargar contra o bipartito PSOE-BNG acusándoos en folletos e pasquíns sen logotipos nin firmas de querer roubar as terras aos cidadáns galegos que as posúen, ou de quererlles derrubar as súas casas segundo a nova normativa de vivenda, aprobada por outra banda pola maioría dos galegos (pola representación parlamentaria).

Outro dos puntos fixos da campaña do PPdeG foron os famosos coches. Comezaron meses antes acusando ao vicepresidente da Xunta Anxo Quintana de ter un auténtico minibar no seu coche oficial. Minibar que se transformaría nunha neveira de menos de 20 euros, nunha visita dos xornalistas ao interior do automóbil. Ensuxa que algo queda.

Ao mesmo tempo acusábase ao presidente galego, Emilio Pérez Touriño, de botar a casa pola fiestra cun vehículo alemán de 480.000 euros. A compañía Audi aclarou fai escasos días que nin realizou tal venda, nin adaptou tal vehículo; senón que fose un concesionario autorizado.

O lider ppopular non dubidou en atacar duramente aos seus adversarios cos ditosos coches, olvidando que os seus compañeiros de Madrid e Valencia utilizan o mesmo modelo, e en ocasións cun renting abusivo para os cidadáns. O *utilitario” de Gallardón custa máis de 500.000 euros ao ano en aluguer; Esperanza non quixo revelar o custo do seu.

Tamén a alcaldesa de Valencia e presidentes e presidentas de varias deputacións valencianas gozan do mesmo modelo, a cargo dos cidadáns.

Pero isto non interesaba, o malgasto provocábao un, e o resto eran super-austeros.

A súa gran lema foi que compraría un vehículo da planta viguesa de PSA. Pouco dixo cando se soubo esta semana que era o único portavoz parlamentario con coche gratis, cedido, como non, por Citröen Vigo. Isto dá que pensar. Nin Nestor Rego do PSOE, nin Carlos Aymerich, do BNG dispuxeron dun automóbil cedido por Citröen?

Arranxe contas Feijoo, pero arránxeas con vostede mesmo; porque como di un antigo proverbio chinés, antes de reformar o mundo, comece por reformar a súa propia casa.