A botica da expresión Rotating Header Image

Abril 3rd, 2009:

Pola gloria de…

O Concello da Coruña cúbrese de gloria, de gloria divina e gloria sanguenta. Hai unhas semanas o concelleiro do PSdeG-PSOE, Carlos Gonzalez-Garcés, amosaba a súa intención (e voluntade) de voltar coa subvención á Feira Taurina da Coruña, con diñeiro público, claro. Non contento coa polémica do 2008, a nova concesión contempla un aumento de 10.000€, co que o final durante 2009 e 2010, o consistorio coruñés empregará 260.000€ en torturar e matar animais por divertimento.

Pero este non é novo; o realmente interesante deste artigo, é saber cal é a nova xogada do “socialista” Gonzalez-Garcés.

A historia nace da páxina web do Concello da Coruña, na súa sección de novas, e coa proximidade das vacacións de Abril, chamadas por algúns Semana Santa. Pois ben; o Concello da Coruña pódese dicir que colabora coa relixión católica, posto que presentou nun espazo público (o Pazo de Maria Pita) o calendario de actividades durante unha semana de fervor relixioso e ultraconservador.

Podo dicir que o Concello e este concelleiro cúbrense de gloria, igual que o comezo desta entrada.

Grazas por financiar tantas atrocidades e tanta intrasixencia, seguro que o PSdeG-PSOE con este movemento municipal, cala entre a cidadanía de esquerdas. De dereitas seguro que si, porque ter amigos de Fuerza Nueva, non se logra en calqueira parte, nen con calqueira política.