A botica da expresión Rotating Header Image

Abril, 2009:

14 de Abril

Respeto Constitucional

O anuncio da executiva do BNG de propor ó Consello Nacional a integración na coalición “Europa dos povos” non gustou moito o señor Feijoo. Non ten moito sentido a súa opinión dunha coalición que se afasta da política demagoxia que practica o Partido Popular. Un bo ejemplo de demagoxia é aquello de “debe goberna a lista máis votada”, palabras de Mariano Rajoy. Xusto o que vai pasar nesta lexislatura en Euskadi, que a lista máis votada, o PNV, non gobernará.

Deixando a súa demagoxia a un lado, e voltando o panorama político galego; a concurrencia do Bloque Nacionalista Galego, con forzas da esquerda nacionalista como ERC, Aralar, e mesmo Eusko Alkartasuna garante unha verdadeira fronte de esquerdas no Parlamento Europeo, que se complementaría dunha maneira fantástica cos diferentes partidos de esquerdas doutros lares, e coa propia Alianza Libre Europea, cos irlandeses, galeses, etc.

Ó señor Feijoo só se lle ocurre verter novamente demagoxia, e un xornal pouco partidista como é La Voz de Galicia, fai de altofalante. Pouco respeto á Constitución dí. A min paréceme lóxico, unha normal fundamental que non foi refrendada polos partidos nacionalistas posto que non recollía ningunha das súas reivindicacións; e levamos 31 anos sen que mude esta Constitución, e todavía a aturamos…se isto non é confianza nun sistema lexislativo imposto por algúns partidos descendentes da ditadura, como AP, as cousas deberían mudar.

Señor Feijoo, mostrarlle máis ou menos respeto a unha norma imposta por certos sectores da política en 1978, non é a cuestión; a cuestión é que dita norma xa caducou, e así o demostran a maioría dos partidos políticos no Congreso dos Deputados. O que si me parece unha falta de respeto son as súas palabras, e eu temo porque durante esta lexislatura non pida a ilegalización dos partidos nacionalistas por non respetar a Constitución Española, iso si que é democracia.

Encapuchados

Non queren protexer a biodiversidade

Rexeitan o uso do preservativo

Rexeitan o dereito da muller a abortar ou non

Manifestanse contra as unións do mesmo xénero

Rexeitan ás familias non tradicionais

Non lles gusta inculcar valores cívicos ás nenas e nenos (e os non tan nenos)

¿E todavía os financias?

Conferencia Episcopal, co diñeiro de todos