A botica da expresión Rotating Header Image

Xuño, 2009:

Cerco á democracia

TeleSur informaba hai tres horas da primeira morte provocada polo golpe de Estado de Honduras, un estudante que se manifestaba nas rúas de Tegucigalpa.

Outro medio, chamado Agencia Walsh, unha axencia de noticias alternativa, que forzas militares detiveron hoxe a un caricaturísta e a súa filla de tan só 17 meses de idade. Allan Mc Donald é coñecido polo seu traballo no Heraldo de Honduras, o Times e o portal de contrainformación “Rebelión”.

Ademais, dende A Botica, dispoñemos para todalas persoas que se interesen pola situación de Honduras, unha canle en directo, a través de Radio Globo, unha emisora de radio independiente asaltada o día 29 de Xuño polos militares, e que continúa transmitindo, desafiando o cerco informativo.

A ligazón para seguir a situación de Honduras é: Honduras en directo

δημοκρατία

Hoxe, ó redor das 6:30 da mañá (hora de Honduras), varios militares abordaron á Casa Presidencial, detendo pola forza ó presidente Manuel Zelaya, e tamén deportado a Costa Rica, previo paso por unha basea aérea.

O Tribunal Supremo de Honduras apoia o golpe de estado das forzas militares, e segundo algúns mass media tamén ordeou a detención de varios cargos ministeriais e militantes do Partido Liberal de Honduras.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/feyS3M2_gA0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Jkf8DvJXhEQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Como atentado moi grave cara a democracia, dende este blogue fago unha pequena aportación contra a violencia antidemocrática do exército e do Tribunal Supremo de Honduras.

Algúns medios de Venezuela e Bolivia informan de que os embaixadores de Nicaragua, Venezuela e Cuba en Tegucigalpa tamén foron retidos; o suministro eléctrico cortouse para evitar a resposta popular, pero non puideron prever que o pobo de Honduras, o pobo soberano do seu propio país saíu a protestar contra este atropelo a Manuel Zelaya, e o goberno lexítimo de Honduras.

“A cea dos idiotas”

Os pasados 19 e 20 de xuño, A Coruña acolleu o “II Seminario pola Abolición da Tauromaquia”, que pretendía ser un punto de encontro e coñecemento do movemento contra as touradas. O Seminario comezou raro, cunha clara aposta do PSdeG-PSOE e do PP por boicotear os debates programados, rexeitando calqueira tipo de cara a cara e calqueira posición pública sobre o maltrato animal.

A industria taurina reventou, e como non era estrano, xurdiron críticas, ameazas, ataques persoais. Eles poden organizar un evento onde se maltraten animais, baixo o calificativo que se prefira: festa, cultura, deporte, tradición. Pero os verdadeiros defensores dos animais non podemos facer nada, porque somos unha minoría.

A minoría actual, segundo a empresa de investigación Gallup (agora Investiga), sitúa no 86% o desinterese das galegas e galegos por este bárbaro espectáculo. Claro está que a meirande parte da poboación non soporta este tipo de actividades. ¿Quen é a minoría?

É interesante tamén comparar as declaracións das industrias dun e doutro lado segundo a comunidade. En Cataluña, coa “festa nacional” agonizando no Parlament, os taurinos queren debate, din que é a tauromaquia e os festexos taurinos son parte da democracia; nembargantes, en Galicia, iso é “darlle as a unha minoría”, e voltamos as enquisas, claro.

A pesares disto, de que a sociedade galega xa se posicionou, a falta de respeto cara unha importante masa social é ata esquizofrénica. Non hai afeción, non hai afecionados e non hai futuro para o atavismo.