A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo 2nd, 2009:

Pingüíns do deserto

Leo no xornal La Opinión de A Coruña que a entidade na que colaboro, Libera!, denunciou ó Concello ós responsables do circo acuático Cirkid.

Indaguei un pouco, un chisquiño pola rede, para ver se as afirmacións son certas e como se di na nova, existen grabacións, e así é, aqui as deixo:

En Zaragoza:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/XFG6jiYTCeI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

En Santander:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ypJIKKSi18g" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tamén existen fotografías, pero non creo que sexa axeitado poñelas á luz das probas que atopei. O que máis chama a atención é que os propios responsables do circo falasen nalgúns medios noutras vilas, durante a súa xira deste ano, de que non utilizaban animais, para dicir máis adiante que si, pero só cabalos; e ata o punto de que nas súas funcións aparecen pingüíns e focas, por suposto reais. Pero nos carteis que vexo pola Coruña, non vin animal real algún, senón deseños feitos con pc.

Sen dúbida, unha vergoña, e unha tomadura de pelo. E sempre pensei, e seguirei coa mesma teima; os circos con animais ocultan a mediocridade dos seus donos.

Por certo, La Coz failles unha fabulosa publicidade a Cirkid, igual que os demais circos que pasan por Galicia, con numerosas entrevistas, novas diarias e publicidade con descontos; nesta ocasión ata regalaron 25 entradas. E logo a xente se sorprende de que teñan tamén crónicas taurinas, !!se o respeto animal non é noticia¡¡