A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo 5th, 2009:

Ética

“A Mesa recibiu un trato de favor do anterior goberno da Xunta” Ese é o titular que poderíamos extraer das novas que crean algúns xornalistas seguindo a técnica do enmerdamento masivo, consistente en difamar e acusar sen ter probas, e cos datos moi xustiños, tan xustiños que caen como un castelo de naipes.

A remodelada TVG, e o xornal La Voz de Galicia, amosaban hoxe unha serie de novas relacionadas coa Mesa pola Normalización Lingüística e coas subvencións que recibiu nos últimos anos. Non importa que tal entidade estivera vetada pola Xunta do PP durante moitos anos, e que a xustiza tivera que darlles a razón. O que importa agora é, que baixo as maiores tribulacións dos Cesar Casal ou Blanco Valdés de turno, a Mesa, simplemente, quedabase con máis diñeiro do que lles correspondería.

Para colmo, sae o señor Negreira, deputado do PP no Hórreo, presidente do PP da Coruña e tropecentos cargos máis, falando de que isto é unha ignominia. ¿Cal foi a resposta da Mesa nesta nova? NINGUNHA. Para algúns xornalistas, a ética periódistica consiste en crear unha nova con certos datos, e ir construíndoa co que se ten, sen constrastar, ó mellor estilo bananeiro.

A meirande parte da xente recordará aquel artigo de opinión do comandante en xefe da Voz de Galicia. Ou, máis actual, a mala calidade das columnas de opinión que cada día ofrece tal medio, opinións trasnoitadas e distorsionadas, máis propias de xornais franquistas como “El Alcazar”, que de medios serios.

Outros pensarán que o tema das subvencións é como darlle a paga @s nen@s, sinxelo e sen probas. Pois non, para iso existe unha lexislación que artella requisitos e propostas lóxicas e coherentes, para evitar tamén, prácticas da estupidez humana en forma de nova.

Temos que evitar entre tod@s @s galeg@s que a falta de moral dalgúns acabe por corromper os máis básicos sistemas de comunicación e o traballo tanto de persoas como de entes xurídicos sen lucro, como o caso da Mesa, pois, temos que esixir ética, non só xornalística, por parte dos informadores e xornalistas. E por suposto, responsabilidades cando sexa necesario.

E logo soará a palabra liberdade das bocas de algúns, e nese instante cae o “teatro” cos aplausos; aplausos faltos da máis mínima ética.