A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo 8th, 2009:

Represión en China

Xa levaba días seguindo o golpe de Estado en Honduras cando saiu en varios medios online a violencia que levan a cabo tanto o goberno chinés, como a etnia maioritaria, os Han, contra os uigures, unha etnia denostada e excluída case tanto como os habitantes do Tibet, pero non tan mediáticos como estes primeiros.

Todo comezou, parece ser, polo asasinato de dúas persoas de etnia uigur, a mans da etnia Han, por presuntamente violar a unha muller. Os cargos nin tan sequera pasaron polo xulgado, e baixo as sospeitas, algúnhas persoas tomaron a lei pola man e axustizaron eles mesmos os hipotéticos culpables. Son hipotéticos porque nin tan sequera está claro que houbese tal violación, ou se foran eses homes os responsables.

Segundo algunhas fontes, este foi o detonante da rebelión na cal 3000 persoas comezaron unha manifestación que minutos despois xa deixaba centos de feridos e ó redor de 170 mortos, todos eles uigures. A policía e o exército empregáronse coa extrema brutalidade que caracteriza o réxime chinés, apoiados nos seguintes días polos Hanes, quenes patrullan as rúas armados e dispostos a asesinar a todo uigur que se cruce no seu camiño.

Unha mostra máis da represión e da constante violación dos dereitos en China, un país que organizou, non se sabe moi ben porque, os Xogos Olímpicos; e que agora segue a demostrar que o seu modelo nin permite a convivencia nin o desenvolvemento básico dos seres humanos.

Como último dato, o goberno de Pekín, pediu a España que arquive a causa pola última represión das manifestacións no Tíbet. Unha falta de vergoña incríble, sabendo o que pasa nestes días  na rexión de Xinjiang.