A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo, 2009:

Veleno na tinta

Recentemente o xornal de pago con máis tirada de Galicia, publicou unha enquisa realizada pola consultora Sondaxe, sobre a opinión dos votantes galegos con respecto ao goberno do Partido Popular.

Nótabase un titular enorme, no cal, se anunciaba que a maioría dos votantes (unha maioría que incluía a votantes do PSdeG-PSOE e do Bloque Nacionalista Galego), aprobaba o novo goberno. A pesares de que, na miña opinión, o goberno se limitase a exercer como unha xestoría (como dí hoxe en El País, Xose M. Pereiro). Só hai diñeiro para algúns, como os clientilismos que se denunciaron nas axudas do IGAPE, ou as axudas á patronal, no canto de ofrecelas aos verdadeiros perxudicados pola epidemia económica chamada crise.

Volvendo ao inquérito, e a aprobación dos votantes, os titulares deste medio sempre adoitan ter un doble sentido, ou un mal uso das matemáticas. En realidade non era sesenta e algo por cento, senón que xa descendía a case a liña da maioría, en torno ao 55-60%, pero isto xa aparece no corpo da nova, nen titulares nen subtítulos ou antetítulos; iso xa non compensa.

Claro, os columnistas frotaron as mans, e viron a ocasión de felicitar ao seu ilustrísimo presidente, previo paso polo despacho do xefe, “non vaia ser que se nos cole unha crítica” pensaría. O mesmo día da presentación da enquisa nunha flamante portada lustrosa e sen tapuxos, as columnas orientaron as súas verbas cara a Feijoó. Alabanzas, felicitacións, e pasadas de rosca en xeral.

Cabería aclarar que o medio citado é La Voz de Galicia, e a empresa á que encargou a enquisa, Sondaxe, pertence ao mesmo grupo que o citado diario. Isto podería dar a entender que non existe unha independencia entre empresas, e certo é. Non me cabe dúbida algunha en que Sondaxe traballa de acordo á xoia da coroa do Grupo Voz, pois é o baluarte; ningunha outra empresa editorial é capaz de igualdad a súa distribución…

Por algo será que o medio sempre se sitúa á dereita do Partido Popular. A estas alturas non podemos pensar que é un medio imparcial, porque é evidente que non.

Todavía teremos que ver se o inquérito tería os mesmos resultados en mans doutra consultora, ou se sería necesaria a intervención da Consellería de Educación, que xa ten experiencia en demagoxia á carta. Ou non?

Pólvora mollada

Falamos de ética, de saber informar de maneira imparcial, e de deixar as críticas e opinións para as columnas. Fan periódicos, medios moi potentes para comunicar á sociedade, non fan panfletos nen folletos.

Por iso cremos que o Colexio de Xornalistas é o ente adecuado para formular a nosa queixa acerca do tratamento informativo da feira taurina da Coruña, porque é esta organización a que mellor pode valorar o traballo dos seus colegas, e ver se efectivamente algún medio dedicouse a informar con pouca veracidade.

Os lectores queren coñocer a verdade do que pasa na súa cidade, e eu miemo como lector esixo que o medio que compro, o xornal que pago, informe acorde a unos mínimos, outrora, aprobados por maioría por los xornalistas. ¿É isto malo?

Existen moitos medios con crónicas taurinas, e os criticamos por contelas, pero isto xamáis será obxeto dunha queixa formal, porque a libertade de información e expresión debe prevalecer, guste ou non. Manipular e informar como a un lle veña en gana xa é outro tema.

*En relación á contraportada adicada baixo o título “Pólvora“, na edición dixital e impresa do xornal El Correo Gallego, criticando a intención da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas de que sexa o Colexio de Xornalistas de Galicia quen vele polo correcto tratamento da feira taurina da Coruña

Nacionalismo, línguas e populistas

Interesante relatorio de Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático de Lingüística Xeral da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), é das poucas persoas que residindo nunha comunidade non bilíngüe, entra no suposto debate do conflicto lingüístico aportando o seu coñecemento, e non facendo populismo como as esquirlas do nacionalismo español.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/d4B6Hu3z-4A" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A conferencia tivo lugar na Universitat Oberta de Catalunya, como parte dos actos de conmemoración dos 10 anos que leva impartindose Filoloxía Catalana na citada universidade, coñecida polo seu sistema de aprendizaxe a distancia a través das Novas Tecnoloxías.