A botica da expresión Rotating Header Image

Agosto 18th, 2009:

Welcome Democracy!

Nestes días, o convulso estado de Afganistán vive unhas novas eleccións presidenciais. Un estado con 28 millóns de habitantes, e situado nunha das zonas máis estranas do mundo (a nvel político), polo estado de excepción no que viven os seus veciños de Irán, co presunto fraude electivo, que semella alongarse máis do deseado polos aiatolás…

O principal candidato afgano é Hamid Karzai, un suní que loitou aos soviéticos nos 90, durante a primeira guerra moderna de Afganistán, e que trala aparición do réxime talibán, emigrou a París. Non falamos dunha persoa do “populacho”, precisamente. Alí traballou nunha empresa petroleira chamada Unlocal, presumiblemente absorbida, pois na rede non aparece nada.

No excelente documental de Michael Moore, FAHRENHEIT 9/11, amósase outra cara do interesante Karzai; relacións cos Estados Unidos ata o punto de considerarse un peón do antigo presidente Bush junior, na restablecida norteamericana-cracia que impuxeron trala victoria da liberdade e dos Dereitos Humanos.

Hoxe, en Público, sorprende o coñecemento da liberdade e democracia de Hamid. Agora vai pactar con señores da guerra, do mellorciño que un pode atopar; xefes de tribus, vilas, e en xeral de moito armamento e destrucción. Ese tipo de seres humanos aos que non considerar normais. Dostum, por exemplo, un pseudo-xeneral, garantizoulle o 10% dos votos. Non sei como o fara, pero se os ten que pagar ou manipular, quedalle un bo traballo por diante.

Isto é só un exemplo das ansias dalgúns por conservar o poder dun país sumido nunha guerra civil non declarada, na incertidume e na pobreza. Gracias América por salvar a democracia afgana a golpe de bomba e mísil.

Ilustra o artigo unha imaxe dunha estupenda campaña publicitaria de ISHR sobre a discriminación da muller no mundo islámico.