A botica da expresión Rotating Header Image

Setembro 23rd, 2009:

Á conquista da rede

O blogomillo está crecendo nos últimos anos, e os premios relacionados cos blogues cada vez teñen máis candidatos que só escreben en galego. Se no 2008, nos Premios 20Blogs, organizados polo gratuíto 20Minutos, tiveron presenza galega na final, este ano a historia volve moi semellante, coa presentación dos gañadores e finalistas nas respectivas categorías.

En “versión orixinal”, Cinema Friki, cun 2º lugar e 74 votos, e a Lareira Máxica, con 26  e a 4ª posición , serían os dous representantes en galego da final de 20Blogs seguindo as regras do pasado ano; nembargantes neste ano só acceden os 3 primeiros de cada categoría (20 en total), co que a Lareira Máxica queda sen repetir fase final, e só haberá un blogue escrito en língua galega entre os 60 finalistas.

Entre os 10 primeiros tamén atopamos este blogue, A Botica da Expresión, no 6º lugar. Unha nova demostración de que o galego provoca interese entre os blogueiros, con 3 representantes nos dez primeiros postos.

Bitácoras.com

Nestes días tamén comezan os Premios Bitácoras 2009, unha boa ocasión para difundir os blogues escritos en galego, pero este ano sen categoría propia. En 20 categorías, a relación de blogues escritos en galego é a seguinte:

Mellor Blogue Periodístico –  A Botica da Expresión

Mellor Blogue de EducaciónTecnoloxía

Mellor Blogue GastronómicoCapítulo Cerdo Por mis fogones Capítulo 0

Mellor PodcastC’ommons Baby

Mellor Blogue Social-Medio AmbienteSementar

24/9. Actualizado.

1/10. Actualizado

Cor rosa, só no papel

Unha vez máis a demagoxia e o populismo de rebaixas cae da súa posición. O pasado 16 de setembro, o Parlamento Europeo tratou, entre outros temas, unha polémica Lei que se estaba a impulsar nun antigo territorio da URSS, Lituania. Unha lei moi perigosa para as liberdades individuais e os propios Dereitos Humanos, que sinalaba directamente ao colectivo homosexual.

Como é lóxico, deceas de eurodeputados puxeron o grito no ceo, e esixiron unha resposta da Unión Europea perante a este ataque directo a parte da sociedade lituana. Ata aquí todo claro, e como a votación de castigo saíu para diante por maioría, os defensores dos Dereitos Humanos tiñan un pequeno sorriso nos seus beizos. Un bo golpe contra a homofobia.

Nas votacións non sorprendería que 18 dos 19 eurodeputados do Partido Popular votarán contra o castigo, e a min, persoalmente tampouco me sorprendeu a asbstención do upydista Francisco Sosa Wagner, máis que nada porque o seu partido practica unha política de medio de comunicación e logo no Congreso dos Deputados fai o que lle peta, usualmente ó contrario o dito. Un bo exemplo é Rosa Díez, ex-PSOE e ex-eurodeputada cun pobre balance de traballo na cámara dos 27.

A polémica saltou hoxe no diario Público, onde se facían eco do evidente malestar do movimento homosexual sobre pasada (e futura) presenza de membros de UPyD nas manifestacións do día do Orgullo Gai. É lóxico e normal que o colectivo rexeite a presenza mediática e re-buscada dos populistas, vendo a recente posición que tomou en Europa. Non teñen problemas en gastar cartos para facer pancartas moi chulas e promulgalo progresismo, e logo, nun alarde de sinceridade, a abstención aparece no seu diario de traballo.

Segundo fontes de UPyD a abstención foi froito dun problema técnico, como se fora excusa suficiente botarlle a culpa a que os 3 votóns de votación (SÍ, NON, Abstención) teñan a mesma cor. Eu, polo que podo dicir, sei que é bastante usual que nas votacións do Parlamento Europeo que algún aparello falle, pero isto non é excusa, xa que ante o erro do aparello, os eurodeputados érguense da cadeira para xustificar o voto e para ratificalo na acta.

Isto pasou precisamente o mesmo 16 de setembro noutras votacións, onde algúns erros, deron paso as explicacións de varios eurodeputados.

Non é o caso de UPyD. Unha semana despois non se pode facer tamaña tomadura de pelo; e como é ben sabido, unha acta non a van modificar sete días despois do peche; sexa como sexa UPyD, coa súa posición e falta de resposta, encubre a homofobia.