A actitude da esquerda abertzale perante as vías nas que camiñar cara a paz é unha positivísima nova. A vía política en exclusiva supón asumir os plantexamentos máis democráticos e das liberdades de todos os cidadáns, sexan ou non da mesma ideoloxía, coincidan ou non co seu pensamento; a pesares de certas manifestacións, como as do presidente do Senado, cualificando de «teatro» o anuncio da esquerda independentista.
Supón un paso moi grande e cheo de obstáculos, pois cunha Lei de Partidos aplicada con tanta vehemencia e libertinaxe, e cun momento político incendiario, capitaneado polo Partido Popular e certas formacións como UPyD, non resulta doado avanzar cara a paz. A violencia nunca tivo xustificación, e se a tivera caeríamos nun relativismo ético e moral moi perigoso.
Por iso hai que avanzar, camiñando cara a paz, nun proceso aberto que permita a todalas ideoloxías e formacións políticas presentarse nunhas eleccións libres e medir as súas forzas, porque a día de hoxe, o parlamento vasco non está completo. Faltan cadeiras e faltan representantes de moitismos cidadáns, representantes a fin de contas, dunha parte do pobo.
Iniciativas non faltan, como Lokarri, unha proposta para a paz e o diálogo, que recentemente lanzou un blogue cun título conciso: «Proceso de paz». Só queda parabenizar o compromiso adquirido dunha parte da sociedade vasca e seguir camiñando sumando esforzos.





on Feb 22nd, 2010 at 9:27 p.m.
y seguiremos esforzándonos, con más ánimo después de leer los apoyos que nos seguís prestando muchas personas como tú
(mis disculpas porque sólo soy capaz de entender galego, no de escribirlo)
on Feb 23rd, 2010 at 9:45 p.m.
Os apoios son de todas as persoas que cremos na paz e na democracia, fronte as revanchas e a demagoxia que moitas veces saen de lugares e persoas con pouca idea.
A proposta de Lokarri é innovadora, apolítica e moi futurible