Archive for the Dereitos e Animais Category

Antes de mostrar a realidade do Europarlamento con respecto ás touradas, e a súa falta de ganas por estudar a situación, vou reflectir unha definición do que é o FEDER, ou os fondos FEDER; é unha definición da Wikipedia, e non estou seguro de se todos os parlamentarios europeos a coñecen.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro da Comisión Europea cuxa finalidade é a axuda para o desenvolvemento económico das rexións deprimidas da Unión Europea. Estes fondos son subvencións a fondo perdido, sendo xestionados directamente polas administracións públicas (central, autonómica e local) tendo cada unha delas unha cota de fondos asignado a priori para realizar proxectos na zona.

Os fondos FEDER supón a partida máis grande dentro do orzamento da UE, afectando a áreas de desenvolvemento como os transportes, as tecnoloxías de comunicación, a enerxía, o medio ambiente, a investigación e a innovación, as infraestruturas sociais, a formación, a rehabilitación urbana e a reconversión industrial, o desenvolvemento rural, a pesca, e ata o turismo e a cultura.

Seguindo esta definición, poderíamos supoñer un caso. O goberno dunha rexión de Romanía non ten fondos para a rehabilitación dunha parte do Casco Vello dunha determinada cidade. Este Casco Vello ten interese cultural por parte do goberno central de Romanía; sen embargo, os fondos FEDER que solicitou sonlle denegados, posto que o goberno de Madrid vai reformar a praza das Ventas, colocándolle un novo teito o "coso".

Este é un exemplo figurado; pero na imaxe que presento a continuación, aparece un cartel informativo dunha reforma nunha praza de touros, financiada con fondos FEDER, imaxe tomada por un membro da plataforma Stop Our Shame (Deteñamos a Nosa Vergoña).

Image Hosted by ImageShack.us

De seguido, adxunto a resposta do europarlamentario Vassilliou, membro da Comisión Europea:

E-3581/08S
Resposta do Sr. *Vassiliou
en nome da Comisión
(4.8.2008)

A Unión Europea móstrase moi activa respecto do benestar animal, e concretamente no caso dos animais de granxa, o transporte de animais e a súa protección no momento do seu sacrificio ou matanza. Con todo, polo que se refire ás corridas de touros, hai que ter presente que o protocolo (nº 33) do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, relativo á protección e o benestar dos animais, dispón que «ao formular e aplicar as políticas comunitarias en materia de agricultura, transporte, mercado interior e investigación, a Comunidade e os Estados membros terán plenamente en conta as esixencias en materia de benestar dos animais, respectando ao mesmo tempo as disposicións legais ou administrativas e os costumes dos Estados membros relativas, en particular, a ritos relixiosos, tradicións culturais e patrimonio rexional».

Así mesmo, o artigo 1, apartado 2, letra b), da Directiva 98/58/CE do Consello, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras , dispón que a Directiva non será aplicable a «animais destinados a participar en competicións, exposicións ou actos ou actividades culturais ou deportivos».
Igualmente, o artigo 1, apartado 2, da Directiva 93/119/CE, relativa á protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza , dispón que a Directiva non será aplicable «aos animais aos que se dea morte en manifestacións culturais ou deportivas».

Dado que as corridas de touros poden considerarse tradición cultural e parte do patrimonio rexional daqueles Estados membros (ou rexións de Estados membros) que tradicionalmente as permiten, quedan fóra do ámbito de aplicación da lexislación comunitaria nesta materia.

A reforma dos réximes de financiamento directo efectuada polo regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello estableceu un réxime de pago único en substitución de varios pagos directos que existían no marco de diversas organizacións comúns de mercado.

Neste contexto, os Estados membros puxeron en marcha unha serie de medidas destinadas a separar total ou parcialmente as axudas directas da produción. Estas últimas, e en particular as destinadas ao gando bovino, concédense actualmente con independencia do número ou tipo de animais criados nas explotacións gandeiras, ou ata do propio acto de produción. Concretamente, a «curmá especial por bovinos machos», que podía ata entón concederse por machos castrados ou non castrados criados para o seu engorde, fora cal fora o destino final destes animais, integrouse por completo no pago único *disociado da produción. No entanto, aínda se contempla a súa concesión parcial como tal en catro Estados membros (Dinamarca, Suecia, Finlandia e Eslovenia), nos que a *cría de gando bovino non está orientada ao engorde de touros destinados a lídaa.

A Comisión non ten información sobre financiamento directo das corridas de touros polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

[1] DO L 221 de 8.8.1998.

[1] DO L 340 de 31.12.1993

[1] DO L 270 de 21 de outubro de 2003, Reglamento modificado por última vez polo Reglamento (CE) nº 293/2008 da Comisión (JO nº L 90 de 2 de abril de 2008)

A pregunta e a resposta poden consultarse en castelán en:
Raül Romeva, preguntas por escrito á Comisión Europea

Chuzame! chuzame -

Image Hosted by ImageShack.us

Estes días que non escribín, por mor dos meus estudos, estiven pensando que sería moi positivo para a língua galega a tradución de material sobre os dereitos dos animais, das personaxes máis importantes neste eido, como son Peter Singer, Tom Regan, etc.

Os seus escritos podémolos atopar en castelán en multitude de lugares na rede e mesmo nas tendas de libros. Sen embargo, o galego non aparece por ningures. E , xa que eu tamén estou metido neste "embrollo", creo necesario ofrecer estes coñecementos en galego.

A partires de agora, ofrecerei material animalista en galego, tanto para ler, como para descargar.

Chuzame! chuzame -

Lendo a entrevista con Luís Álvarez, empresario multitemático, e organizador da feira taurina da Coruña; véñenme á cabeza algunhas cuestións que debería apuntar.

Cando esta persoa cualifica de éxito o número de abonos vendidos, ao redor de 1500, non menciona o aforamento do espazo, unhas 9.000 persoas segundo o Ministerio do Interior, o que significa que non se chegou nin ao cuarto de capacidade en abonados. Isto quere dicir que só esta cantidade é o aforamento seguro de cada día neste ano.

Fala de afección, de penas, de moitas vendas. Que afección pode haber en Galicia?, onde o 86% da poboación non demostra interese algún por este festexo. O señor Luís demostra vivir apartado da realidade, Galicia non é taurina e nunca o será; e senón dea unha volta por calquera cidade galega e pregunte aos viandantes. Por certo, a afección baixa; a media de idade de asistentes ás corridas rolda os 50 anos, mala cifra para quen se empeña en perpetuar a tortura pública a un ser vivo.

Descoñezo cando chegará o día que vostede e moitos como vostede falen sen vomitar mentiras. E descoñezo tamén cando será o día en que digan canto diñeiro reciben das arcas municipais, do diñeiro de todos; un diñeiro manchado de sangue e sufrimento para o deleite duns poucos.

Vendida en:

OtroMadrid.org 7/8/2008

Kaos en la Red 7/8/2008

Galiza Indymedia 7/8/2008

3i Tercera Información 8/8/2008

Chuzame! chuzame -

I XORNADAS ANTITOURADAS

SÁBADO DÍA 2 DE AGOSTO (C.S Revira)*

- 22h: Apresentación da curta antitaurina “Verdades que doen” e mais do SPOT “Pontevedra Antitaurina 08″.

- 23h: FOLIADA ANTITAURINA. Co grupo de Folk galego “Lincorne”.

7 DE AGOSTO (C.S Revira) * posíbel cambio de horario, estade atent@s

- Proxección do filme antitaurino “Animal, a Película”

8 de AGOSTO (C.S Revira)

- 20h. Xornada Antitaurina. Palestra a cargo de:

Diego Viéitez (Galiza) Activista de Verdegaia.

Helena Escoda Casas (Catalunya) Licenciada en Historia. Activista de LIBERA!

Moderada por Pontevedra Antitaurina.

9 de Agosto

Mobilización Antitaurina às 19h na Praza da Peregrina.

*O C.S Revira está ubicado en Arcebispo Malvar, 33 (Pontevedra), perto do Campiño de Santa María.

Vémonos en Pontevedra!!! 

Chuzame! chuzame -