Archive for the Dereitos e Animais Category

Imaxe dunha granxa croataO mesmo día das Eleccións norteamericanas, que gañou o candidato demócrata Barack Obama, en algúns estados estábase a debater outras interesantes propostas, como o matrimonio homosexual, ou a proposición número 2; ambas en California.

Desgraciadamente, o matrimonio homosexual seguirá prohibido no estado de California, e é unha mágoa, aínda que nun estado gobernado polos republicanos, e onde gañou Obama, podía pasar calqueira cousa.

Eu falarei da proposición número 2; unha proposta á enmenda da lexislación do estado de California, para abolir as gaiolas demasiado pequenas para os animais de granxa.

Sorprendeume moito a valoración do diario La Voz de Galicia, que calificaba dita proposición como "de pouco calado", e non deixo de pensar nos centos de millóns de animais que cada ano teñen que malvivir en deceas de millóns de gaiolas, e que nuns meses son sacrificados...

De pouco calado será para certos grupos de presións, próximos ó lobby da carne ou calqueira industria relacionada cos animais. Está moi claro que dita proposición obrigalles a mellorar un benestar animal moi escaso nos Estados Unidos, aínda que tamén en España.

Se facemos un cálculo sinxelo, poderíamos afirmar que no tamaño dun folio poden "aloxarse" 4 ou 5 galiñas. Un espazo ínfimo, e unha empatía baixo mínimos

Chuzame! chúzame -

Vida Perra é unha curtametraxe que aborda o tema do abandono de animais; unha situación que afecta a unha cifra incrible de animais, entre 100.000 e 500.000 seres vivos son abandoados cada ano. Calcúlase que o 70% destes, non sobrevive.

Por iso, Vida Perra, unha curtametraxe, 7 minutos e medio de historia dun canciño e os seus donos, agora que o viches ¿pensas que é un problema menor?

Vida Perra foi galardoado co 2º Premio no certame Canarias Rueda La Palma 2008. Actualmente, a lei de Proteción e Benestar Animal de Galicia data do ano 1993, todavía quedan moitos indeseables sen castigo...

Chuzame! chúzame -

Ó fío da entrada anterior, deixo un video da intervención de diversos expertos acerca da relación da gandeiría co quecemento global, e as causas, solucións e suxerencias ó seu parecer. O video está en inglés, e quen entenda esta língua quedará moi abraiado; ¿que fai que non entenda inglés? Pois nuns días espero ter un resumo dos informes de Rajendra Pachauri e a súa presentación neste seminario.

Chuzame! chúzame -

Novo caso de maltrato animal en Galicia, nova brutalidade cara un ser vivo pola mera diversión. Nesta ocasión ocurriu en Ortigueira; onde unha persoa remitiu a un coñecido medio de comunicación unha imaxe escalofriante, desas que che conxelan o sangue.

¿Cal será a resposta das autoridades? Ningunha, como sempre; esa é a liña xeral de actuación da Consellería de Medio Ambiente. Galicia ten unha das lei de protección e ¿benestar? animal máis antigas, data do 93; e polo de agora non hai intención de modificala, ¿para que? deben preguntarse dende a Consellería, pois total, o traballo que facemos é inutil...

Cada ano se abandoan miles de animais en territorio galego, aproximadamente un 70% falece nas estradas, atropelados, desnutridos ou asasinados por algúns individuos con poucos escrúpulos.

Sen embargo, aquí non pasa nada; o animal é un ser de 2ª categoría, porque hay problemas máis importantes, morre xente de fame, o aborto, a eutanasia, iso si que son temas destacados. Pero claro, ¿quen ten a autoridade moral para considerar un problema máis importante ca outro?.

Pois aporto un dato, xa que moita xente se move por números; no 2003, en Galicia sacrificáronse 80 millóns de animais para consumo humano. Isto é unha cifra tremenda, e saen case 30 animais por persoa ó ano. ¿De verdade o consumo humano necesita tal atrocidade? Semella que si...

E mesmo se reparasemos na producción de cereais relacionada coa producción cárnica, e a súa vez, coa pobreza e fame no mundo, veriamos unha vez máis, que os grandes hipócritas viven en Occidente; posto que por moito que falemos dos "grandes problemas" do mundo e critiquemos o movemento pro-dereitos dos animais, polos collóns axudamos ós demais, incluso permitímonos o luxo de consumir e consumir alimentos, e deitarnos no sofá, e se sae algún neno desnutrido na televisión, apagámola e listo; que así non hai que pensar.

Do maltrato animal, pasando pola alimentación ata a conciencia; todo está relacionado. ¿Todavía pensas que son un egoísta?

Chuzame! chúzame -