Archive for the Política Category

No 2006 chegou o documental "Una verdad incómoda", que abordaba o tema do quecemento global e as posibles ou hipotéticas causas e desenlace que tería para o noso planeta e para os seus habitantes nos próximos anos.

O documental chegaba avalado polo ex-vicepresidente dos Estados Unidos, Albert Arnold Gore; máis coñecido como Al Gore. Un filme que narraba o propio político en primeira persoa, enlazando con temas da súa vida e como él se declaraba ecoloxista xa en anos pasados.

Despois de "Una verdad incómoda", que sen dúbida espertou a conciencia de moitisima xente, chegaría Live Earth, unha serie de concertos mundiais intercontectados e simultáneos para combatir o cambio climático. A súa finalidade, recaudar diñeiro, foi amplamente cuberta; sen embargo, dubido moito que arranxase algo...

Máis tarde, naceu Climate Project, un proxecto para expandir o coñecemento do quecemento global mediante personaxes mediáticas e tamén persoas anonimas. A día de hoxe, o homólogo español do proxecto apenas fixo nada. Estamos nunha encrucillada moi importante, e somos responsables da destrución e consumo o que estamos sometendo ó planeta.

Al Gore non é nin moito menos un enviado supremo, nin tan sequera ten toda a razón; posto que a súa familia leva arrendando dende hai xeracións distintas minas que posuen, e tal o que predica o político, os combustibles fósiles non son unha boa mediciña.

Pero non quero lanzar unha crítica sen fundamento. Viro ata o 2007, cando Al Gore e Rajendra Pachauri reciben o Premio Nobel da Paz. Al Gore é ben coñecido, pero ¿quén diaños é Rajendra?

Rajendra Pachauri é un experto economista e científico medioambiental, de orixe india, e actual presidente do IPCC, o Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, organismo dependente da ONU.

Este organismo xa advertiu que unha das causas do quecemento global provén da desproporcionada explotación gandeira que fai o ser humano. As explotacións animais son responsables do 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro no planeta; e por exemplo, unha comparación no Reino Unido fala do 8% das emisións totais do país, fronte o 2,5% das emisións para producir froitas e vexetais.

Segundo Rajendra, é máis doado reducir o consumo de alimentos cárnicos que modificar as nosas conductas cos automóbiles, por iso; comer menos carne é unha boa maneira de loitar contra o quecemento global.

A pesares disto, Al Gore nunca quixo incluír no seu filme o impacto medioambiental da gandeiría, quizáis porque non lle interesaba, ou porque el tamén posue gandos no seu rancho...

Por iso xurdiu "Meat the Truth", un filme documental sufragado con fondos dunha fundación holandesa onde se abranguen todos os problemas que derivan no cambio climático; sen sesgar coñecemento como o señor Albert.

Por certo; Al Gore cobra unha media de 120.000€ por relatorio, e non deixa pasar nunca videocámaras nas súas conferencias ¿que quere ocultar?. Recentemente, o goberno vasco pagoulle 200.000€ por un relatorio, unha cifra que sen dúbida podería ter mellor uso que o dun político reconvertido; compensa que Rajendra Pachauri fale por unha cantidade moitisimo menor, e que de verdade saibamos como combatir o quecemento global dende os nosos fogares.

Chuzame! chúzame -

Ante a nova de hoxe, na que o portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, chamou franquistas ós membros do PP, escribo unhas liñas moi rápidas e moi afiadas.

Xa que a prensa liderada pola Voz de Galicia e La Opinión emiten titulares tan tendenciosos, como se só uns faltaran as formas, teño que facer un exercicio de busca, e bucear un pouco na hemeroteca da prensa española e galega, para atopar semellanzas coas verbas de Carlos Aymerich e o Partido Popular.

31/12/2007 O Partido Popular tilda de franquistas ós gobernos de Catalunya, Euskadi e Galiza por apoiar ás seleccións deportivas autonómicas.

Ligazón: El Periódico del Mediterráneo

14/10/2007 Jaime Mayor Oreja, europarlamentario do PP "¿Por qué voy a tener que condenar yo el franquismo?"

Ligazón: La Voz de Galicia

11/9/2008 Vinaróz (Castellón) retira a Franco do título de Alcalde Honorario coa oposición do PP

Ligazón: El Plural

4/7/2006 O Parlamento Europeo, salvo PP e a ultradereita, censura o franquismo

Ligazón: Terra Actualidad

2/9/2008 Jaime Mayor Oreja, europarlamentario do PP, califica de "disparate" que Garzón queira investigar os desaparecidos

Ligazón: El Plural

8/5/2008 O PP négase a retirar os honores salmatinos a Franco

Ligazón: Público

22/9/2007 O PP de Valladolid repón unha placa de Jose Antonio Primo de Rivera

Ligazón: El Plural

9/2/2007 Jesus Moreno, vocal do PP no Concello de Usera: "Franco dejó demasiados vivos"

Ligazón: El Plural

Esta é unha pequena demostración da democracia participativa que lle gusta ó Partido Popular, e como de que certos medios de comunicación, afíns ou menos afíns, collen o que lle interesa... Quizais a proba definitiva sexa que a antesala do PP, Alianza Popular fora fundada por un ex-ministro de Franco, Manuel Fraga, que aínda continúa na política activa da man da presidencia honorífica do Partido Popular, e no Senado de España.

Chuzame! chúzame -

Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.

Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mariano, e criticar e mofarse da guerra civil e da represión

As que ti chamas fosas de non sei quen, Casado, son onde están enterrados gran parte dos 143.353 represaliados pola irracional ultradereita, a que seguides agochando nalgún lugar de Génova. 143.353 persoas con nome e apelidos, que non se sabe onde foron asasinados, dos que as súas familias non perderon a esperanzas de despedilos como merecen.

E todas esas persoas non eran de esquerdas por moda, como te atreves a dicir, non eran carcas, eran seres humanos que loitaban por un mundo mellor, dende o campo ou dende un despacho, dende a cidade ou dende unha pequena vila mariñeira; persoas que creían no progresismo das súas ideas e no avance. Sen embargo, xente como ti, Pablo, coartou o progreso, a esperanza e a paz…

A Lei de Memoria Histórica, aínda que incompleta, é unha lei moi necesaria, non reabre heridas, senón que contribúe a cicatrizalas facendo pagar os culpableis, das súas atrocidades e barbaries. Vellas heridas é ter que aguardar 30, 40 ou 50 para descubrir onde está o teu pai, nai, avó ou avóa. Vellas heridas sen cura ata agora.

O mellor sería que miraras cara atrás, a ver se o teu carón hai algún dos tantos membros do PP que contribuíron o fortalecemento da ditadura, e que continúan a exercer a política dende a impunidade coas mans manchadas de sangue.

Vendida en:

Tercera Información ??/9/2008

Kaos en la Red 23/9/2008

Galiza Indymedia 23/9/2008

Chuzame! chúzame -

Estas foron as últimas verbas que Salvador Allende, presidente lexítimo da República de Chile, pronunciou durante o asalto á Casa da Moeda, palacio presidencial.

As verbas sairon da súa boca instantes antes de suicidarse, despois de defender un espazo que o povo chileno lle otorgara 3 anos antes, no 1970.

Onte, 11 de setembro, cumprironse 35 anos da morte de Salvador Allende, e 35 anos do golpe de estado do criminal Pinochet. Nestes días todo ou case todo o mundo fala do 11 de Setembro como o día do atentado ás Torres Xemelgas, sen embargo, pouca xente recorda que o 11 de Setembro de 1973, a democracia caeu en Chile, e comezou un periodo escuro baixo a batuta do Xeneral Pinochet, no que miles de persoas morreron asasinadas ou desapareceron polas súas ideas políticas, ou por simplemente oporse á ditadura.

Esta é a miña pequena homenaxe a Salvador, e a tódalas persoas que sufriron a ignominia e a barbaria dos irracionais.

Chuzame! chúzame -