A botica da expresión Rotating Header Image

Reflexións a ceo aberto sobre as touradas

Como anunciei hai pouco, onte na TVG tivemos un debate sobre o tema das touradas en Galicia, pola parte do mundo ou da industria taurina, apareceu Antonio Martinez, o empresario que organizou a novillada de Negreira, si novillada.

O debate foi curto, unos 8 minutos, pero iso non quita a aposta dende o propio programa e dende a RTVG por unha plataforma que nos últimos días ven dando que falar en distintos medios. O obxetivo non era saír na televisión, ou nos periodicos ou radio, senón que cada vez máis xente coñeza o traballo da plataforma Galicia, mellor sen touradas e vexan que loitamos por abolir as touradas e todo festexo taurino de Galicia.

Volvendo ó debate, a verdade é que comezou de forma algo surrealista; non nego que estivera nervoso, era a primeira vez que facía un debate deste tipo, aínda que realmente as cámaras non foi o que me impresionaron, senón o debate en sí.

O debate comezou cun video cedido por ADEGA, onde a mellor parte é unha pequena entrevista a dúas rapazas de Negreira, que comentaban a “grande” tradición desta vila polas touradas… Foi un bo comezo.

Logo do video e das presentacións, comecei falando da falta de tradición en Galicia, e do maltrato que supoñen os festexos taurinos para os animais, físico e psicolóxico, aínda que Martinez sexa escéptico e pense que os animais carecen de nervos, e mesmo de sentimentos…

Non me sorprendeu que o empresario taurino fixera alusión a miña xuventude como xeito de desprestixiarme, tampouco me importa, a xuventude é o futuro do povo galego, e o futuro di NON ás touradas.

Martinez tamén nos acusou de mentir, como se él non o fixera bastante durante o debate, e como se él pensara que os animais non eran maltratados e o pasaban moi ben durante a novillada.

É evidente que a tauromaquia foi prohibida en moitos países do mundo, entre os que está Arxentina, que carece desta barbaridade dende 1899. Ou mesmo países europeos onde houbo touradas como o Reino Unido, preferiron avanzar e abolir este tipo de festexos.

Suíza Austria, van un paso máis alá, e inclúen nas súas Constitucións unha mención os animais e os seus dereitos, negando calqueira tipo de festexo taurino.

Volvendo a Galicia, está moi claro que a tauromaquia apenas ten tradición, e afición; unha minoría dun 3% da poboación declárase afecionado, fronte a un 86% o que non lle interesa nada.

Tamén citeu un estudo financiado pola protectora El Refugio no que o 80% dos españois aboliría as festas onde se empregaran animais.

Isto é real e moi clarificador. Claro que as maiorías dominan o país, porque niso consiste unha democracia, pero ¡ollo! ás interpretacións, falamos de maltrato animal, non dun concerto que lle guste a un sector moi determinado dos galegos e galegas…

Tamén quedou moi ben Antonio cando acusou a unha plataforma legal e formada por 23 organizacións, de facer pintadas e actos vandálicos ó redor da praza. ¿Que podo dicir disto? Pouco, nós non facemos ese tipo de cousas, e ademais, queda moi mal acusar sen ter probas e en todo caso, brincando polas leis segundo nos conveña. Tes sorte Antonio, de que as touradas son legais en España, porque noutro país acabarías na cadea. Ademáis, acusar dun delito ou falta sen ter probas nen respetar a presunción de inocencia é calificado como delito de inxurias ou calumnias, nesas leis que tanto che gusta falar.

Seguindo co debate, Martinez alude ó campo galego, como se él fora o gran defensor da ecoloxía e dos ecosistemas que ten Galicia. Comparar dúas realidades tan distintas, unha de subsistencia na meirande dos casos, e outra lúdica, co agravante de maltratar a outro ser vivo, e como afirmar que os triángulos teñen catro lados.

¿Quere certificar o maltrato psicolóxico señor Martinez? Recoméndolle moitas persoas para preguntarlles: Jose Enrique Zaldivar, Marta Jimeno, Alberto Ferrús, Jordi Casamitjana, Peter Singer, Óscar Horta, Tom Regan, David Stybel, etc etc etc

Dende tódolos campos: etoloxía, veterinaria, filosofía, dereito; todos coinciden en que nos festexos taurinos se maltratan ós animais, e que éstes sufren.

Por certo, calificar de éxito a novillada de Negreira, e ter pouca visión comercial, sobretodo cando hai videos de afecionados que amosan un recinto semivacío.

VER PROGRAMA ÍNTEGRO VIVIR AQUÍ, TVG (O DEBATE COMEZA NO MINUTO 35)

Video de ADEGA sobre a protesta en Negreira
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/I3qDG_dJ5gE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

2 Comments

  1. chuza.org di:

    Debate taurino na TVG (video) e reflexións dun dos invitados…

    Na TVG xa colgaron o video do debate que fixeron no programa Vivir Aqui, comeza no minuto 35 aproximadamente, e interviron Antonio Martinez, empresario taurino e Rubén Pérez, activista pro-dereitos dos animais.

    A nova inclúe as reflexións e come…

  2. […] máis, como foi o caso da vila de Negreira, fai uns días. Unhas reflexións (no blogue A botica da expresión) e un vídeo do acontecido, da Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA). A tortura […]