A botica da expresión Rotating Header Image

boOM!

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/K7yAO-QCSWA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Onte cando estaba a ler o XLSemanal, vin unha reportaxe dos soldados dos Estados Unidos en Iraq, unha reportaxe un pouco estrana, onde consideraba ós militares como os únicos seres humanos que sufren neste devastado e prácticamente destruido país.

O video anterior corresponde á canción “Boom!”, do grupo de metal System of A Down. É unha canción contraria á guerra de Iraq, unha guerra iniciada por un Estado que procura a “súa” democracia no mundo enteiro, e non dubida en batallear con calqueira que intente evitalo, quen senón: os Estados Unidos. Un video lanzado ó mundo no 2003, nos albores da guerra…

System of A Down é un grupo de música verdadeiramente comprometido con diversas causas sociais; dende a guerra ata o activismo político máis concreto. De esta forma, o seu cantante, que agora canta en solitario, Serj Tankian, ten un portal en internet chamado Axis of Justice.

Pese a que os membros de S.O.A.D non naceron nos Estados Unidos, tiveron moi boa influencia no país, a pesares de proceder de países do Oriente Medio, como o Líbano.

Comments are closed.