A botica da expresión Rotating Header Image

19.000.000

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/RSxJQF0bwZA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.

3 Comments

  1. navedo di:

    Boas compañeiro.

    Facía moito que non encontraba un blogue en galego, poucos se tiran a esta aventura. Pois nada, felicitarte pola tua web e segue así, o galego é o mellor idioma de todos.

    Tamén quero presentar o meu apoio a todos os que tratan de rematar coa fame no mundo, tamén deben seguir así, algún día nos daremos conta do impotante que é o seu traballo.

    Saudos!

    El fútbol es injusto

  2. Mer di:

    felicidades por tu blog!. Me molesta que sean las entidades de animo de lucro las que trabajan, y no una OBLIGACIÓN por parte de los gobiernos. Debería estar en prioridad numero uno, en lugar de salvarles el c a las empresas que estuvieron robando todo este tiempo. Por suerte, cada vez somos mas concientes (y mas lo seremos después del tute que se viene), y tendremos mas voz y voto en los proximos gobiernos, para que nunca mas tenga nadie que pasar hambre. Una mañana positiva, jeje, beso!