A botica da expresión Rotating Header Image

Fogo!: Carta Aberta á Comisión (…) Hogueras de San Juan

Perante a declaración de persona non grata por parte da Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan do Tenente de Alcalde da Coruña, Henrique Tello, remito esta carta aberta para aclarar algunhas das posturas que non me parecen aceptableis por parte dunha entidade privada que recibe fondos públicos, ou recibía noutros tempos.

Á atención da Comisión,

Dende a miña humilde postura, a declaración de Henrique Tello como persoa non grata só reflicte un berrinche nunha entidade que outrora recibiu unha inxente axuda para celebrar un festexo que inclúe todo tipo de actos.

Sen embargo, neste programa de actividades inclúense actividades relixiosas (lóxico chamándose San Xoan), pero que para parte da sociedade coruñesa non interesan, e sobretodo non elixen subvencionar co seu diñeiro, falando da verdadeira laicidade do Estado, e da laicidade que debería primar nun Concello como o da Coruña.

Ademais das ofrendas e das diferentes misas que se celebran nos días anteriores a San Xoán, os coruñeses tamén temos que aguantar unha homenaxe á bandeira española, por parte do destacamento militar na Coruña e ven promocionada e difundida pola propia Comisión. Nunca, vin unha homenaxe á bandeira galega, xa que falamos de igualdade e de respeto.

Sendo todo isto bastante escuro, continúo as cuestións sobre a rotura das relacións coa Tenencia de Alcaldía, e supoño que co Concello en xeral, !!hai que ser coherentes, e non mendigar noutras concellarías¡¡.

E aquí chegamos o uso do galego, que vostedes parecen destacar nun dos parágrafos do seu comunicado, tamén difundido na prensa. O español, como ben dín, é o idioma oficial en todo o territorio español, pero o galego tamén é oficial en Galicia; e vostedes, a Comisión Promotora, recibindo diñeiro do erario público, non teñen ningún inconveniente en ignoralo, e ofrecer todo en español. O que a min me parece estupendo, porque da conta do seu nivel cultural e de a quen prefiren e a quen non.

Eu autoexclúome da súa festa, ou da súa maneira de facer a festa mellor dito. Nin relixión, nin castelanización incipiente nin rexeitamento das persoas.

Tampouco me estranaría nada que a Concellaría de Festas aportara o que non aporta a Tenencia de Alcaldía e no 2009 non haxa protesta algunha da Comisión. !Que ben se vivía con Paco! ¿non si?

Enviada por correo electrónico á Comisión o sábado 7 de Febreiro do 2009, ás 0.59 horas

2 Comments

  1. chuza.org di:

    Fogo!: Carta Aberta á “Comisión (…) Hogueras de San Juan”…

    A “Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan” declarou hoxe a Henrique Tello persoa non grata por non regalarlles a viaxe a Fitur o seu séquito.

    Dende A Botica da Expresión remiten unha carta aberta.

    ¿Que respostarán?…