A botica da expresión Rotating Header Image

¿Cantas falanxes tes?

Todavía dan os últimos coletazos as novas sobre a manifestación gilibolla en Compostela. E as noticias cada vez aportan máis datos sobre o número de asistentes, e a procedencia de ditos asistentes.

Non é de estranar que, co apoio da Falange Auténtica, gran parte da sociedade galega (os “fachas” non, por suposto) indignarase ante unha manifestación que fala de libertade e permite que camiñen xunto a eles determinadas ideoloxías xenófobas, e mesmo violentas; a pesares de que aparecesen como vítimas.

Unha das imaxes que ilustra esta hipocrisía, e a fotografía dunha persoa de cor (marrón) que aparece cun cartel dos gilibollas. A min gustaríame preguntarlle a ese ser humano, que lle parece que a manifestación conte co apoio, non só dun; senón de polo menos militantes e simpatizantes de 3 falanxes distintas, tres partidos que acadan unha representación nula no conxunto da sociedade pero que sembran odio e violencia alí por onde pisan.

¿Por qué se manipula tanto? ¿Por qué ese negriño posa co cartel? ¿é posible que saiba quen está detrás da manifestación?

Se tanto falan de liberdade (teñen a verba xa gastada), non creo que a mellor maneira de propugnala sexa amparando conductas penadas noutros países de Europa, a colación das súas comparacións entre estados europeos co tema da lengua.

Por outra banda, e falando de Europa, a flamante viaxe anunciada polos gilibollas, foi, ó final, unha ponencia privada para membros do Partido Popular Europeo. Ningún outro partido político acudiu a este relatorio, nin tan sequera a ultradereita europea os apoia…hai que fomentar máis os lazos con demócratas como Le Pen, que fai falla.

2 Comments

  1. Información Bitacoras.com…

    Valora en Bitacoras.com: Todavía dan os últimos coletazos as novas sobre a manifestación gilibolla en Compostela. E as noticias cada vez aportan máis datos sobre o número de asistentes, e a procedencia de ditos asistentes. Non é de estranar que, …

  2. CHuzale di:

    la clave esta en que Falange Autentica es antiracista y antixenofobia y defiende a los inmigrantes. Por eso no hay ningun problema entre la foto y el apoyo de FA.