A botica da expresión Rotating Header Image

Canadá

Voltamos o mesmo. Un ano máis, o goberno canadiense autoriza a caza de máis de 330.000 focas nos seus territorios… Nestes últimos anos perderon a vida máis dun millóns destes animais, co cranio partido a golpes dos pescadores reconvertidos en cazadores de mamíferos por unhas semanas.

As razóns esgrimidas polo goberno do Canadá non distan moito doutras barbaridades que se comenten no planeta e que teñen nos animais non humanos o seu punto de partida (e de final). Diñeiro, emprego; todo vale para xustificar tamaña situación.

Xa existen varios estados que prohibiron o comercio de productos derivados da matanza canadiense; Estados Unidos é un exemplo, e o último en sumar é Rusia, quen critica os canadienses por permitir e fomentar a caza.

A Unión Europea debatirá moi pronto a mesma prohibición que xa posúen outros países, e non será polos eurodiputados españois, quenes, salvo contadas excepcións, apoian a situación actual… estes representantes dos españois, entre os que se atopan galegos e galegas, prefiren ver animais sen pel tirados como lixo, a facer avanzar o país cunha prohibición máis lóxica, e do século XXI

One Comment

  1. Información Bitacoras.com…

    Valora en Bitacoras.com: Voltamos o mesmo. Un ano máis, o goberno canadiense autoriza a caza de máis de 330.000 focas nos seus territorios? Nestes últimos anos perderon a vida máis dun millóns destes animais, co cranio partido a golpes dos pescado…