A botica da expresión Rotating Header Image

Dereito a prohibir

O fomento do caos é unha das mellores formas de revolucionar un povo. Baixo este prisma, naceron certas plataformas de tendencia ultraconservadora, e co único fin de desestabilizar todo avance e de criminalizar toda mellora social.

O tema do que me apetece escreber é peliagudo: o aborto. Peliagudo para algúns, normalizado para outros, a verdade é que nunca deixa indiferente a ninguén; eu como activista animalista que son, tiven que refutar, non en poucas ocasións, argumentos de persoas que criticaban o noso traballo e nos falaban do aborto, “¿Qué por que non faciamos nada contra o aborto?” como se o tema tivera moito que ver…

A sociedade galega xa está a soportar o imperativo avance do movemento antiabortista, e durante varios días estarán en autobuses peinando as cidades, vendo se poden facer demagoxia e se poden caldear máis os ánimos do que xa están. Unha semana enteira teremos que aturalos, do 20 o 28 de maio en Lugo, Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense respectivamente. Eu supoño que en Pontevedra e Vigo terán cobertura e delegación oficial de Galicia Bilingüe, porque o fin e o cabo, son os mesmos os que fan isto.

HazteOir, alma do antiabortismo máis rancio (se pode ser máis) non é unha entidade pequena precisamente; un grupo de presión dirixido dende Madrid, cun soporte económico moi descoñecido. O que son ben coñecidas son os seus apoios do Partido Popular, COPE ou do Foro de Ermua. Unhas xoias.

Oporse á asinatura de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, fomentalo odio e desprecio cara o colectivo homosexual, negar a adopción a parellas do mesmo sexo, en fin, unha forma de mirar cara atrás e recordar tempos mellores.

Tamén teñen os seus “cachorros” neocons. Os “Jóvenes DAV”, ¿non vos soa? Pois a min recordame o do adoutrinamento. Manifestacións contra os novos modelos familiares cheas de menores, contra o aborto, cheas de nenos e nenas, contra os homosexuais, cheas de nenos e nenas…vergoña falar logo de adoutrinamento se lles inculcas ós fillos valores inconstitucionais.

Comments are closed.