A botica da expresión Rotating Header Image

A Coruña acollerá un seminario internacional antitaurino

TRADUZO A NOVA DENDE A WEB DE LIBERA! E INCLÚO O CARTEL DO SEMINARIO

A Coruña acollerá un seminario internacional sobre as touradas

Trátase dun evento pioneiro a nivel galego, e que celebra a súa segunda edición, desta vez internacional, na cidade da Coruña.


O “II Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia” terá lugar os días 19 e 20 de Xuño, na sala de conferencias do Pazo de Exposicións Kiosko Alfonso. Conta coa colaboración da Concellaría de Cultura, e a entrada é de balde.

Durante primeiro día terán lugar dous debates, o que abre a tarde, as 18:00 horas, con catro formacións políticas e o seguinte, as 19:30 horas, coas organizacións xuvenís destes partidos. Será a primeira vez en Galicia, que teña lugar un debate sobre a tauromaquia entre políticos. Os grupos invitados foron o PSdeG-PSOE, Partido Popular, Esquerda Unida e o BNG. As formacións xuvenís pertencen ás formacións invitadas

No segundo día ofreceranse un conxunto de conferencias sobre as touradas, dende distintas perspectivas. O doutor en filosofía Óscar Horta, na actualidade, investigador na Universidade de Rutgers, en Nova Iersei; ou Raül Romera i Rueda, eurodeputado e membro de Iniciativa per Catalunya-Verds serán algúns dos poñentes desta segunda edición.

As institucións públicas non queren touradas
Durante o presente ano, xa son tres as concellarías de vilas galegas que colaboraron na organización de actividades contrarias ás touradas. En Febreiro foron a Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, e en Xuño será a Concellaría de Cultura da Coruña.

Fontes da plataforma explican: “É lóxico que cada vez máis as institucións públicas queiran apostar por actividades que amosan un verdadeiro respeto cara os animais, neste caso os touros; ademais, xa temos varias propostas de varias concellarías para seguir desenvolvendo este tipo de iniciativas, durante 2009, nas súas cidades”.

500 euros por touro
Foi un membro do grupo Verdes/ALE do Parlamento Europeo quen descubriu que a Unión Europea subvenciona ós criadores de touros para eventos taurinos, cunha partida presupostaria cun montante total de 20 millóns de euros ó ano; cada criador percibe ó redor de 500€ por cada animal.

En palabras de Raül Romeva, eurodeputado, “a tauromaquia converteuse nunha industria altamente subvencionada polas institucións; é inconcebible que nesta última lexislatura europea gastáranse 100 millones de euros neste tipo de subvencións”.

Comments are closed.