A botica da expresión Rotating Header Image

“Salvavidas CIA”

Dick Cheney, ex-vicepresidente dos Estados Unidos e curioso político a tempo parcial (o resto do tempo o adica a matar xente nas súas cacerías), afirma que a CIA salvou vidas cos seus interrogatorios. O que non dí é que vidas salvou, a súa e a do pequeno Bush, ou a dos interrogados; na súa meirande parte presos sen dereitos…

Descoñezo cal é o motivo polo cal, o político republicano (e ademais homófobo) pode facer tales declaracións e quedar ben sentado na súa cadeira. Coas sospeitas que sobrevoan as cabezas dos antigos responsables de seguridade dos últimos 8 anos, co tema Iraq, Afganistán, a loita hipermundial contra o terrorismo (invisible), a contratación de exércitos privados (Blackwater, por exemplo) e os seus atques selectivos, sen olvidar o estrano e indefinido apoio o estado de Israel, non é moi lóxico saír á palestra pública a falar do ben que lles ía aos norteamericanos mentras os seus funcionarios torturaban e maltrataban a outros seres humanos.

Pola contra, e todavía sen saber os motivos estratéxicos e políticos, o actual presidente dos EUA ordeou a creación dun novo grupo de interrogacións e de seguido o Departamento de Xustiza asignou un fiscal especial para investigar o trato vexatorio aos presos.

O máis lóxico sería seguir a posición de Amnistía Internacional e a ONU: investigar por unha banda e pola outra indemnizar aos torturados.

One Comment

  1. Información Bitacoras.com…

    Valora en Bitacoras.com: Dick Cheney, ex-vicepresidente dos Estados Unidos e curioso político a tempo parcial (o resto do tempo o adica a matar xente nas súas cacerías), afirma que a CIA salvou vidas cos seus interrogatorios. O que non dí é que vi…