A botica da expresión Rotating Header Image

Á conquista da rede

O blogomillo está crecendo nos últimos anos, e os premios relacionados cos blogues cada vez teñen máis candidatos que só escreben en galego. Se no 2008, nos Premios 20Blogs, organizados polo gratuíto 20Minutos, tiveron presenza galega na final, este ano a historia volve moi semellante, coa presentación dos gañadores e finalistas nas respectivas categorías.

En “versión orixinal”, Cinema Friki, cun 2º lugar e 74 votos, e a Lareira Máxica, con 26  e a 4ª posición , serían os dous representantes en galego da final de 20Blogs seguindo as regras do pasado ano; nembargantes neste ano só acceden os 3 primeiros de cada categoría (20 en total), co que a Lareira Máxica queda sen repetir fase final, e só haberá un blogue escrito en língua galega entre os 60 finalistas.

Entre os 10 primeiros tamén atopamos este blogue, A Botica da Expresión, no 6º lugar. Unha nova demostración de que o galego provoca interese entre os blogueiros, con 3 representantes nos dez primeiros postos.

Bitácoras.com

Nestes días tamén comezan os Premios Bitácoras 2009, unha boa ocasión para difundir os blogues escritos en galego, pero este ano sen categoría propia. En 20 categorías, a relación de blogues escritos en galego é a seguinte:

Mellor Blogue Periodístico –  A Botica da Expresión

Mellor Blogue de EducaciónTecnoloxía

Mellor Blogue GastronómicoCapítulo Cerdo Por mis fogones Capítulo 0

Mellor PodcastC’ommons Baby

Mellor Blogue Social-Medio AmbienteSementar

24/9. Actualizado.

1/10. Actualizado

8 Comments

  1. Nos Premios Bitácoras 2009 fáltache nomear (polo menos) ao C’mmons Baby! na categoría Podcast (50), e na de Gastronómicos aparecen: Por mis Fogones (25) e Capítulo Cerdo (28)… así nun primeiro ollar…

    Un saúdo

  2. rubenperez di:

    Non os vira, agora mesmo os inclúo 😉

  3. e acaba de saír en Social-Medio Ambiente, Sementar (http://sementar.wordpress.com/) no 68

  4. rubenperez di:

    Actualizado

  5. Rodrigo di:

    Grazas pola mención. Tamén está Capitulo 0.

    Saúdos

  6. Hola, perdoade pero estades ´totalmente equivocados coa información: este ano, ó igual que outros anos, pasan á final dos Premios 20 Blogs 5 blogs, polo que A Lareira, TAMÉN ESTARÁ. Está ben claro nas bases.

    Descoñezo de onde saiu a información de que ían ser 3 blogs e non de 5 os que pasaran á final. AS BASES E OS PROPIOS ORGANIZADORES DO CONCURSO ASÍ O LEMBRAN:

    http://lablogoteca.20minutos.es/premios-20blogs/bases/

    http://blogs.20minutos.es/premios20blogs/post/2009/10/06/la-gran-fiesta-los-premios-20-blogs-se-celebraraa-22-de

  7. rubenperez di:

    Habería un erro, ao principio nas cualificacións provisionais só puña aos 3 primeiros por categoría, e por iso redactei isto. Logo xa vin que era o mesmo que en 2008 e datas anteriores.

    Saúdos!!!

  8. Sí, iso é certo Rubén, tampouco o entendín. Parece ser que foi debido ás investigacións e a empates. O lóxico sería non ter posto ningún ata ó final, porque de feito os penalizados estaban entre os 3 primeiros.

    De todos xeitos, nas bases poñía ben claro que eran os 5 primeiros, á marxe de que logo poidera dar a sensación de que so irían os 3 primeiros clasificados. Entonces, se se salten as súas propias bases….

    Por certo, aínda que ti quedastes 6º, quero darche os parabéns porque so se quedou fóra por poucos votos e porque o teu blog, ó igual que o meu, o ano pasado xa estivemos nos primeiros postos. E posto arriba ou abaixo, so son números. O importante é estar novamente aí, nos primeiros postos. E, sobor de todo, que a xente lles guste blogs escritos en galego (tamén é certo, que moita xente ten á categoría Versión Orixinal como a máis difícl de votar polo feito de non usar o castellano, como se o galego non se entendese ben a grandes rasgos).

    En fin, Rubén que un pracer lerte e noraboa por este blog de blogs que descubrín onte casualmente. Felicítovos pola iniciativa e longa vida!!!!

    Saúdos desde Sanxenxo