A botica da expresión Rotating Header Image

O gusto pola ignorancia

No programa Voces de Galicia, no cal debateuse acerca da conveniencia de abolir a tauromaquia, Luís Mariñas, presidente da pena taurina da Coruña comezaba a súa intervención desprezando a todas aquelas persoas que, como eu, traballamos para acabar con este espectáculo cruel e innecesario.

Continuou comentando que non conseguiramos nada; quizais lle parecerá pouco que en tan só trinta anos, a afección pola tauromaquia pase de 50% ao 30% en España, e que en Galicia se esborralle ata o 14%.

Estimado Luís, as estatísticas que citamos desde a campaña Galicia, mellor sen touradas son reais, e sustentadas co traballo de Gallup, unha empresa de investigación social con máis de 35 anos de experiencia en España. Así mesmo, os datos económicos susténtanse en documentos oficiais.

Noutro alarde de gusto pola falacia, engadiu que o touro non sufría; algo que só podería ser verdade se este animal herbívoro carecese de sistema nervioso central; é dicir, se retrocedésemos uns cantos centenares de anos na historia da veterinaria e a etoloxía. Realizar tal afirmación sen sustentala con datos reais é como dicir que a terra segue sendo plana.

Na entrevista de hoxe, neste mesmo periódico, se regodea de aprender humanidade cun toureiro. Por que non aprender a respectar aos demais seres vivos? Onde vostede ve humanidade e arte, os demais vemos sangue e sufrimento. Revise a definición de humanidade.

Non nos engane máis; a tauromaquia está no seu ocaso, a tauromaquia en Galicia non vende, e así o estamos demostrando día a día. E desde esta tribuna, tamén.

Vendida en:

La Voz de Galicia (Edición Dixital) 

Kaos en la Red 

Comments are closed.