A botica da expresión Rotating Header Image

España, unha merda desmembrada e laica

E é que o título non diferirá moito dalgunha frase pronunciada por algún locutor dalgún medio de comunicación afín á xerarquía eclesiástica.

O nomeamento dos ministros puxo de novo sobre a mesa o continuo debate da aconfesionalidade do Estado. Está claro que se nun nomeamento oficial seguimos mantendo un crucifixo e unha Biblia, as imaxes que salgan nos medios de comunicación non diferirán moito daqueles NON-DO, onde demócratas (de toda a vida) xuraban cargos case vitalicios.

Por iso, e xa que estamos metidos no meollo hai que revisar eses acordos que someten a un teórico estado aconfesional a seguir comendo a merda dunha única relixión: a católica. Que ocorrería se un dos ministros fose xudeu ou musulmán?

Se é que xa que imos a pola confesionalidade do Estado, fagámolo ben. En cada nomeamento deberá haber os símbolos de cada relixión: qrán, torá, biblia, crucifixo, etc, etc, etc. Se non os hai, sempre poderemos queixarnos.

En Madrid, ao goberno autonómico, comandado pola todopoderosa lideresa, ocorréuselle incluír á Igrexa nos Comités éticos, cando a resposta dun cura ante cuestións como o aborto, pódese resumir cunha gravadora e un cassette. Unha decisión que volve pór na mesa o mesmo de sempre que pinta a relixión nestes fregados? Está claro, nada; aínda que algúns se empeñen en negalo.

Vendida en: Kaos en la Red 29/4/2008

Comments are closed.