Con este nome tan valenciano se denomina á asinatura "Educación para a Cidadanía" na Comunidade Valenciana, bastión do Partido Popular.

Nun momento onde certos sectores falan da mala saúde do castelán, sorprende que algúns responsables educativos ofrezan unha asinatura íntegra en inglés, maila que a propia asinatura de inglés non o faga.

Para quen non o saiba; esta artimaña é a orixinal idea para impartir a nova asinatura presente nos centros educativos, pensando que xa que os nenos valencianos, malia lles pese, non teñen moita idea da língua de Shakespeare; tampouco terán que aprender nada sobre igualdade, dereitos humanos, ou violencia de xénero. Total.

Nos medios xa se reflicte o malestar dos docentes e dos alumnos, quenes non teñen suficientes coñecementos a día de hoxe para afrontar do día á noite tal materia educativa nunha língua estrana.

Estos grupúsculos, tan dados a nomear ós demais países de Europa e as súas liberdades do Século XXII (non me equivoco con número), prefiren calar ante Educación para a Cidadanía, que xa leva lustros de adianto en Francia, Alemaña ou Luxemburgo... Mentras a democracia permita tales atrocidades educativas como as de Valencia, pouco poderemos presumir de solidaridade e tolerancia.

Chuzame! chúzame -

A plataforma "Proxecto Censura" difundiu hai uns días as 25 historias periodísticas que serán censuradas no 2009 con moita probabilidade; gran parte delas pertence a Estados Unidos, pero tamén hai varias de índole mundial, como o tema da escravitude:

As historias censuradas son (en inglés):

Chuzame! chúzame -

A crise económica está afectando á poboación mundial, e sobretodo a aquelas persoas que apenas dispoñen dun "colchón" en forma de aforros que lles permita sobrelevar ben esta situación.

Os plans de axuda dos diferentes gobernos europeos, así como doutros países, amósanse ineficaces, xa sexa por un excesivo apoio os pilares fortes da economía como os bancos, como por un insuficiente apoio ós máis perxudicados, os cidadáns.

E é neste contexto de catástrofe monetaria (segundo algúns), cando as entidades bancarias, esas empresas privadas que gardan o noso esforzo, reciben millóns e millóns de euros, nunha manobra que nos interesa a todos, posto que somos todos os que a pagamos.

Alemaña, Francia, Italia, España, poucos son os estados que non lanzan os seus fabulosos plans de axuda, que se reducen na meirande maioría a apoiar sen tapuxos e apenas condicións ós executivos.

Nos próximos días é posible que Barclays, outrora entidade moi fiable, reciba unha inxección millonaria dun país "modelo" en Dereitos e Liberdades, o emirato de Qatar. De confirmarse esta nova, estaríamos ante un rescate dun terceiro país a unha entidade bancaria, algo inaudito, se non fora porque como sempre, algún rédito sacarán os qatarís.

¿Hai crise? Sí, pero só para tódolos currantes.

Chuzame! chúzame -

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.

Chuzame! chúzame -