Unha das novas do día, o recente nomeamento dun crego e un teólogo para a Comisión Galega de Bioética, órgano consultivo da Xunta de Galicia para temas de sanidade e saúde, que trataría entre outros, a polémica eutanasia ou o aborto. Asi mesmo, dito comité pode asesorar aos hospitais en situacións de coidados paliativos, onde entraría novamente o caso da morte asistida, a eutanasia.
O lóxico sería nomear a aquelas persoas que polas súas condicións formativas e laborais tivesen os requisitos mínimos para actuar con credibilidade e imparcialidade médica e científica sobre os temas tan controvertidos como os que comento máis arriba; fomentar que nun comité de Bioética aparezan como membros, persoas próximas á xerarquía eclesiástica, coas súas ben sabidas opinións, é un insulto á ciencia. E son os mesmos que queimaron a Galileo.
O nomeamento entra en contradicción coa separación Igrexa-Estado, algo todavía moi alonxado da realidade, pero que queda moi ben no papel. A sentenza sobre os crucifixos exemplifica moi ben cal é o nivel de separación entre a relixión católica e as institucións públicas; ou como unha "ultra-crente" como Pilar Farjas pode dirixir unha consellaría que fomenta este tipo de situacións tan delirantes.
Interesante tamén que o teólogo sexa un columnista da Coz de Galicia; así xa imos pensando que os favores xa se van pagando co paso dos días, e que non é necesario alarmarnos pola campaña dalgúns medios contra outras forzas políticas, isto era unha auténtica barbaridade ¿non si?





