A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘Al’

Gaza en Directo

Xa tendes disponible o especial "Gaza en Directo", no apartado superior do blogue. É o twitter da canle de televisión árabe Al Jazeera, e o seu especial sobre a situación de Gaza.

Micronovas de 140 caracteres, que xa están "facendo furor" entre os medios de comunicación tradicionais. Nesta canle de Twitter sobre Gaza poderedes descubrir antes que outros medios e en tempo real que está a ocorrer na franxa de Gaza.

Durante a escritura desta entrada, o alto o fogo de 3 horas xa finalizou, e Israel continua o seu brutal ataque que xa causa centos de mortos e miles de feridos, a súa meirande maioría, poboación civil.

GAZA EN DIRECTO

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

19.000.000

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

¿Unha verdade incómoda?

No 2006 chegou o documental "Una verdad incómoda", que abordaba o tema do quecemento global e as posibles ou hipotéticas causas e desenlace que tería para o noso planeta e para os seus habitantes nos próximos anos.

O documental chegaba avalado polo ex-vicepresidente dos Estados Unidos, Albert Arnold Gore; máis coñecido como Al Gore. Un filme que narraba o propio político en primeira persoa, enlazando con temas da súa vida e como él se declaraba ecoloxista xa en anos pasados.

Despois de "Una verdad incómoda", que sen dúbida espertou a conciencia de moitisima xente, chegaría Live Earth, unha serie de concertos mundiais intercontectados e simultáneos para combatir o cambio climático. A súa finalidade, recaudar diñeiro, foi amplamente cuberta; sen embargo, dubido moito que arranxase algo...

Máis tarde, naceu Climate Project, un proxecto para expandir o coñecemento do quecemento global mediante personaxes mediáticas e tamén persoas anonimas. A día de hoxe, o homólogo español do proxecto apenas fixo nada. Estamos nunha encrucillada moi importante, e somos responsables da destrución e consumo o que estamos sometendo ó planeta.

Al Gore non é nin moito menos un enviado supremo, nin tan sequera ten toda a razón; posto que a súa familia leva arrendando dende hai xeracións distintas minas que posuen, e tal o que predica o político, os combustibles fósiles non son unha boa mediciña.

Pero non quero lanzar unha crítica sen fundamento. Viro ata o 2007, cando Al Gore e Rajendra Pachauri reciben o Premio Nobel da Paz. Al Gore é ben coñecido, pero ¿quén diaños é Rajendra?

Rajendra Pachauri é un experto economista e científico medioambiental, de orixe india, e actual presidente do IPCC, o Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, organismo dependente da ONU.

Este organismo xa advertiu que unha das causas do quecemento global provén da desproporcionada explotación gandeira que fai o ser humano. As explotacións animais son responsables do 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro no planeta; e por exemplo, unha comparación no Reino Unido fala do 8% das emisións totais do país, fronte o 2,5% das emisións para producir froitas e vexetais.

Segundo Rajendra, é máis doado reducir o consumo de alimentos cárnicos que modificar as nosas conductas cos automóbiles, por iso; comer menos carne é unha boa maneira de loitar contra o quecemento global.

A pesares disto, Al Gore nunca quixo incluír no seu filme o impacto medioambiental da gandeiría, quizáis porque non lle interesaba, ou porque el tamén posue gandos no seu rancho...

Por iso xurdiu "Meat the Truth", un filme documental sufragado con fondos dunha fundación holandesa onde se abranguen todos os problemas que derivan no cambio climático; sen sesgar coñecemento como o señor Albert.

Por certo; Al Gore cobra unha media de 120.000€ por relatorio, e non deixa pasar nunca videocámaras nas súas conferencias ¿que quere ocultar?. Recentemente, o goberno vasco pagoulle 200.000€ por un relatorio, unha cifra que sen dúbida podería ter mellor uso que o dun político reconvertido; compensa que Rajendra Pachauri fale por unha cantidade moitisimo menor, e que de verdade saibamos como combatir o quecemento global dende os nosos fogares.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google