A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘arte’

O argumento artístico

Na industria taurina está a florecer un novo argumento, mellor dito, a reverdecer un novo argumento que se basea na suposta concepción artística da tauromaquia.

Como é ben sabido, a tauromaquia goza dunha protección moi ampla en España, e cun colaboracionismo tal que a propia Academia das Belas Artes inclúe nas súas medallas anuais a un martirizador de animais, ou sexa, un toureiro.

Este argumento saiu da boca dun membro da peña taurina da Coruña, aquela institución tan antiga que apenas supera os 300 membros, toda unha mostra da grande afeción das touradas en Galiza. Ben, volvendo o argumento; segundo Mariñas, o que nos molesta os antitaurinos é que a tauromaquia sexa considerada unha arte, e que dera, o longo dos séculos, pé a creación de arte, sexa literaria, pintura ou outros soportes.

Cando escoitei o argumento, non sei moi ben que sentido tiña, ata que lle din voltas. Eu non puiden contraargumentar, porque no momento da súa intervención non tiña acceso telefónico á radio. ¿Por qué, vos preguntaredes? Pola sinxela razón de que non quixo debater, só quixo que se fixeran duas entrevistas por separado e primeiro eu, para non deixalo quedar mal...

O argumento artístico supón un grande menoscabo o conxunto das artes e da creación artística de moitos lugares. Que un escritor ou pintor se inspirase nunha tortura concreta dun ser vivo para facer X libro ou Y cadro non ten relación algunha con que tal festexo sexa mellor ou peor, porque seguirá sendo igual. A mellor maneira de contraargumentar é baseandose nos seus mesmos postulados, ¿cómo?

De forma moi sinxela. Existiron multitude de atrocidades ao longo da Historia. A inquisición inspirou un numero incrible de obras pictoricas; a sociedade volcábase nas rúas cando sabían que ían queimar vivo a un herexe.

Por outra parte, importantes artístas como Dalí, eran auténticos monstruos na súa privacidade; gustáballe manter relacións sexuais con animais mortos, unha auténtica aberración aos nosos ollos, e tamén a ollos dos seus contemporáneos. Nembargantes, era un pintor exclente ¿xustificaríamos a súa depravación como fan algúns coa tauromaquia? Dubidoo moito.

A tauromaquia sexa considerada por unha institución arte ou non, seguirá sendo o mesmo; a sangue non cambia de cor, e o que sufre sempre é o mesmo. Un sufrimento lúdico é amoral dende a súa base, pero o pensamento dalgúns seres humanos todavía non está preparado para pasar o seguinte estado. Como dicía Piaget, no pensamento e na forma de actuar existen desfases; o que ocorre cos afecionados podería ser un exemplo tirado dos pelos... A min precisamente, o argumento artístico non me molesta, síntoo polo touro, non polo pseudo-intelectualismo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son progre e ¿aficionado taurino?

España ten unha fauna especial, moita xente, que se denomina progresista ou de esquerdas non ten reparos en afirmar que a súa afección pola tauromaquia non é incompatible coas súas ideas políticas.

A tauromaquia é unha tradición, se, unha tradición cruel que tan só busca putear e torturar brutalmente a un animal para posteriormente asasinalo esnaquizándolle completamente a espiña dorsal. Como tradición se, pero como actividade, merece como mínimo unha seria reprobación por parte da xente.

Está claro que durante os case 40 anos de ditadura, promocionouse a tauromaquia dentro e fóra de España, ata o punto de que na actualidade moitos cidadáns estranxeiros, recoñecen a España cun mezquino "Olé". Isto déixanos en evidencia unha vez máis ante o mundo. Nun país onde existe unha prolífica creación literaria, onde existen grandes intelectuais, coñécellenos unicamente por unha salvaxada institucionalizada.

Para algúns podes ser ecoloxista, defensor dos animais, socialista, de esquerdas e moitos outros termos, que para eles non son para nada incompatibles, de feito, pódese acuñar un novo tipo de pensamento: o vermello taurino; metade de esquerdas, metade sádico.

E claro, a política tamén se apunta ao rodo. chegou un punto no que dan igual as siglas dos distintos partidos políticos españois. Pero podemos analizar de forma sinxela algún:

O goberno actual, que dicir, un partido supostamente socialista, que perdeu todo o socialismo co que foi fundado. De feito, a ex ministra de cultura, Carmen Calvo é membro dunha plataforma parlamentaria pro-taurina, e acudiu en innumerables ocasións a prazas de touros para gozar dun bo día de tortura.

E é que se esquecen de algo, que xa repetín noutra ocasión; Pablo Iglesias, un dos fundadores do PSOE dixo no seu momento que a tauromaquia era algo aberrante. Pero para os socialistas de adhesivo isto dálles absolutamente igual. Como denominar festa popular, a un festexo que non apoia a maioría dos españois, ou como crer que con 400€ ímonos a calar...

Practicamente non hai diferenza duns partidos a outros (salvo recoñecidas excepcións) nesta problemática, todos promulgan e colócanse as medallas do progresismo, e seguen permitindo un espectáculo medieval.

Igual que tampouco se entende como na lexislación relativa aos animais, sempre se exclúa a tauromaquia do seu ámbito de aplicación. Calquera artigo de calquera lei autonómica podería servir para imputar a un toureiro, picador, ou ata empresario, un delito de malos tratos ós animais. As arcas do Estado sobordarían diñeiro.

Por iso, se de verdade es unha persoa de esquerdas, de corazón e de ideas, non apoies a tortura, se es un deses que votando ao PSOE crese o maior socialista do universo, e con todo acodes ás "corridas", quíta a máscara.

Vendida en:

Kaos en la Red 1/5/2008

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google