Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.
Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mariano, e criticar e mofarse da guerra civil e da represión
As que ti chamas fosas de non sei quen, Casado, son onde están enterrados gran parte dos 143.353 represaliados pola irracional ultradereita, a que seguides agochando nalgún lugar de Génova. 143.353 persoas con nome e apelidos, que non se sabe onde foron asasinados, dos que as súas familias non perderon a esperanzas de despedilos como merecen.
E todas esas persoas non eran de esquerdas por moda, como te atreves a dicir, non eran carcas, eran seres humanos que loitaban por un mundo mellor, dende o campo ou dende un despacho, dende a cidade ou dende unha pequena vila mariñeira; persoas que creían no progresismo das súas ideas e no avance. Sen embargo, xente como ti, Pablo, coartou o progreso, a esperanza e a paz…
A Lei de Memoria Histórica, aínda que incompleta, é unha lei moi necesaria, non reabre heridas, senón que contribúe a cicatrizalas facendo pagar os culpableis, das súas atrocidades e barbaries. Vellas heridas é ter que aguardar 30, 40 ou 50 para descubrir onde está o teu pai, nai, avó ou avóa. Vellas heridas sen cura ata agora.
O mellor sería que miraras cara atrás, a ver se o teu carón hai algún dos tantos membros do PP que contribuíron o fortalecemento da ditadura, e que continúan a exercer a política dende a impunidade coas mans manchadas de sangue.
Vendida en:
Tercera Información ??/9/2008




