A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘cidade’

Ele

De novo a polémica máis esteril da política galega, ou polo menos, unha das máis inútiles e demagoxias da democracia. O toponimo da Coruña volve ao "tatami" da man do Partido Popular e de Unión Coruñesa, entre outros, pois unha federación veciñal tamén considera que este problema, para algúns, é obxeto dun clamor popular; eu sinceramente non penso tal.

O negativo da cuestión, e da actuación da federación veciñal é que consultaron a proposta co seu embigo. E por iso xa xurdiron 5 asociacións de veciños que rexeitan a proposta de recollida de sinaturas a prol da ele no topónimo, aquela que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza eliminou rotundamente, sentando xurisprudencia e rematando coa teima que naquel entón tivera Paco Vázquez e o LaLaLa...

Unión Coruñesa e o Partido Popular pouco teñen que comentar. Uns non teñen representación no Concello, aínda que si, e moita, nalgún medio de comunicación, como se representaran a alguén. Unha operación mediática continua dende as eleccións municipais de 2007, e que procura que entre no consistorio polo menos Carlos Marcos, ex-candidato do Partido Galeguista, agora lider indiscutible da demagoxia e o populismo local.

Os outros poucas propostas teñen, teimando coa integración das persoas residentes en Penamoa, ou mentindo sobre as propostas da Xunta, que agora que os amigos chegaron ao poder, todo se fai ben.

De momento temos unha iniciativa lexislativa popular para decidir sobre o topónimo da Coruña, é dicir, en termos democráticos e populistas poderíamos dicir que sobre o ele pode decidir un de Sarria ou outro de Vilagarcía. Necesitan 15.000 sinaturas, nada complicado vendo os requisitos en Cataluña, onde se requiren 50.000. Queda por ver que pasaría coa ILP no Parlamento de Galiza. Unha excusa perfecta do Partido Popular para asasinar definitivamente ao galego e a lexislación que o ampara.

Dende logo, esta polémica extinguíuse hai anos, e seguir co mesmo só podería ter tintes eleitoralistas e de racismo lingüístico. Non podemos permitir que a democracia ampare manifestacións alentando á subversión das leis e dos decretos aprobados soberanamente no Parlamento galego. A ILP non vai saír da rúa, porque é unha clara mostra da insumisión lexislativa dalgúns túzaros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

¿Imaxinaste sen auga potable?

Charity: water, unha ONG norteamericana adicada á construcción de pozos de auga, fixo este video promocional coa actriz Jennifer Connelly, onde se imaxina a cidade de Nova Iorque sen auga potable. Unha imaxe desoladora para a saúde, que se repite cada día en centos de poboacións do mundo.

Charity: water ofrece ás persoas solidarias que queiran, doazóns para construír estes pozos de esperanza. Xa levan deceas construídos en países africanos. O acceso a auga potable é un dereito violado en moitos países do mundo. Mentras tanto, nos países ricos parte da poboación prefire derrochar un dos recursos máis escasos do planeta, tan escaso que existen seres humanos que morren por non poder acceder a fontes de auga limpa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pingüíns do deserto

Leo no xornal La Opinión de A Coruña que a entidade na que colaboro, Libera!, denunciou ó Concello ós responsables do circo acuático Cirkid.

Indaguei un pouco, un chisquiño pola rede, para ver se as afirmacións son certas e como se di na nova, existen grabacións, e así é, aqui as deixo:

En Zaragoza:

En Santander:

Tamén existen fotografías, pero non creo que sexa axeitado poñelas á luz das probas que atopei. O que máis chama a atención é que os propios responsables do circo falasen nalgúns medios noutras vilas, durante a súa xira deste ano, de que non utilizaban animais, para dicir máis adiante que si, pero só cabalos; e ata o punto de que nas súas funcións aparecen pingüíns e focas, por suposto reais. Pero nos carteis que vexo pola Coruña, non vin animal real algún, senón deseños feitos con pc.

Sen dúbida, unha vergoña, e unha tomadura de pelo. E sempre pensei, e seguirei coa mesma teima; os circos con animais ocultan a mediocridade dos seus donos.

Por certo, La Coz failles unha fabulosa publicidade a Cirkid, igual que os demais circos que pasan por Galicia, con numerosas entrevistas, novas diarias e publicidade con descontos; nesta ocasión ata regalaron 25 entradas. E logo a xente se sorprende de que teñan tamén crónicas taurinas, !!se o respeto animal non é noticia¡¡

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google