A botica da expresión Rotating Header Image

COPE

A conta, por favor

A caverna leva unha mala semana. Primeiro foi a agresión ao xornalista Herman Tertsch a que levantou a polvareda da violencia contra a liberdade de expresión, sinalando a un coñecido humorista e a unha cadea de televisión de instigar ao ataque dunha persoa. O motivo, uns videos manipulados por un programa onde o serñor Terstsch dicía cousas como “mataría a 15 o 20 pacifístas(…)”, sempre manipulados, volvo repetir.

O que non fora manipulado era a opinión en directo deste crítico xornalista, recordando que mataría varias persoas de Al Qaeda se con iso liberaban aos secuestrados españois. Rápidamente certos medios e algún político rexional sinalaron.

Despois deste circo mediático, provocado polo afán de conspiraccionismo, hoxe sabemos que o grande locutor (presunto) pirata Federico Jiménez Losantos (pirata polas emisións sen licencia de esRadio na provincia de Tarragona), terá que indemnizar a Esquerra Republicana de Catalunya con 60.000 euros, por locutar, nunca mellor dito, que na sede da formación catalana escondíanse armas, e os seus militantes e por ende, dirixentes, eran terroristas. Unha pérola máis dun dos xornalistas máis condeados dos “mass-media” españois.

A Audiencia de Barcelona conmina ao xornalista rebelde a pagar, por atentar contra o honor dun partido político e dos seus militantes hai dous anos, no 2007, nunha columna de El Mundo. A sentenza resume moi ben o sentir de moitos cidadáns con este home, “o dereito a expresión non é ilimitado”, e por tanto, novo varapalo para a caverna. Mala semana, si.

¿Pero por qué berra?

Estou vendo nestes intres o programa reconvertido Foro Aberto, e non me convence en absoluto. Unha posta en escea propia dun programa dos oitenta, un decorado que recorda moito ao “Debate” que sobreviviu durante os catro anos do bipartito, collendo anacos do decorado e pegandoos por onde cadraba.

Pero un xa se sorprende cando escoita (e ve) aos invitados, o director da COPE en Galicia; que supoño que o escollerían pola grande audiencia que ten a súa cadea nas terras galegas, e a Roberto Blanco Valdés, “analista político” segundo a TVG, aínda que para min semella máis un berrón.

Será profesor de Dereito Constitucional, pero non coñece o poder do micrófono e da televisión. Non fai falla berrar, xa te escoitamos polos altofalantes dos nosos televisores, isto non é tampouco o NO-DO.

Comezou o debate, mellor dito os debates, coa lea da toponímia, como quen non quere a cousa, e como se non se soubera que na nova TVG ten poder absoluto e omnipresente o Partido Popular de Galicia. ¡Pero que non se note!. Antón Losada resumiu moi ben a liorta verbal: a polémica sae a un ano das eleccións municipais, e son os de sempre os que a provocan, o PP; coa inestimable axuda do alcalde da Coruña, Javier Losada, que se non fala, Sir Paco o devora.

Por suposto, Robert White defendiu as teses dos gilibollas, como bo pseudo-constitucionalista que é, ata chegar ao punto de defender o toponimo en castelán porque así sae nalgunhas cadeas de televisión, véxase Telecirco, perdón Telecinco; propiedade do sr. Berlusconi, outro demócrata. Ben, defender unha posición allea á Lei de Normalización Lingüística non é de bo profesor de Dereito Constitucional, e mesmo é obviar o propio consenso que agora tamén olvida a dereita parlamentar en Galicia.

Pero cambiou o tema, tocaba o “botellón”, e agora Robert White/Roberto Blanco defendia a posición lexislativa; amparando nas leis a súa demagoxia e verbigracia, e a súa propia incogruencia. Non se pode usar unha lei segundo conveña, e iso é unha maneira moi sinxela de destapar a este tipo de persoas.

Na Coz terá unha boa audiencia, forrada co programa Prensa-Escuela e as festas que fan con Voz Natura estilo campamento das xuventudes falanxistas, pero a sociedade dubido moito que saiba entender as verdadeiras intencións dun conglomerado empresarial oscurantista e amigo do poder.

Concluíndo, Foro Aberto non me gusta; os debates estériles e a berro limpo dalgúns provócanme dor de cabeza, e “zapping”.