A botica da expresión Rotating Header Image

dereitos

De touros e liberdade, pasando por Vedra

Nesta semana comezaron as comparecencias na Comisión de Medio Ambiente e Vivenda do Parlament de Catalunya, sobre a iniciativa lexislativa popular contra as touradas, coa asistencia dun total de 30 persoas (comparecentes). Pola parte que nos toca, apostouse por catedráticos, escritores, expertos en comportamento animal e veterinaria, etc. A fin de contas, pola ciencia e a racionalidade.

Pola outra banda, e supoño que perante a falta de argumento do sector taurino, foron ex-toureiros, membros de peñas, gandeiros, en fin; xente en xeral con “poucas luces”, seguindo símiles taurinos.

Certos medios de comunicación, coñecidos habitualmente como a caverna, manipularon interesadamente as declaracións de Jesús Mosterín, cando afirmou que a ablación do clítoris era tan tradicional como a tauromaquia. Efectivamente non é barbaridade. Cando unha industria afirma que a tauromaquia ten longo percorrido na Historia de España, lóxicamente pode equipararse con outras “tradicións” como esta salvaxada prácticada nalgúns países africanos, ou o “machismo” todavía existente en España e outros países. Son tradicións, e non precisamente positivas.

Por outra banda, o pasado 4 de marzo tivo lugar a votación dunha moción contra as touradas no Concello de Vedra. Como parte da campaña da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, “Queres declarar a túa vila abolicionista?”, e coma se dunha paradoxa se tratase, a moción aprobouse cun voto a favor, e 12 abstencións, garantindo que Vedra sexa a segunda vila contraria as touradas de Galiza, despois da declaración de Cangas do Morrazo.

Por certo, as páxinas web da plataforma GMST, da plataforma da ILP (Prou!) e da Asociación Animalista Libera! foron atacadas nos prolegómenos das comparecencias no Parlament. A falla de argumentos dalgúns e o medo a non poder presenciar máis carnicerías nas prazas de touros, florecen.

Dignidade

Un 18 de Outubro, deceas de miles de persoas marcharon polas rúas de Santiago cheos de dignidade, cansos da intrasixencia dalgúns, e con moitas ideoloxías diferentes baixo os brazos.

Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia, Esquerda Unida e Terra Galega, entre outros, apoiaron a manifestación pola defensa da nosa língua en Santiago de Compostela, capital galega. A Policía Local cifrou en 50.000 os seres humanos que marcharon, a organización 100.000. Sexa un número ou outro, mellor poñamos unha cifra equidistante, trátase dunha novidade dos gobernos do Partido Popular, que sempre son capaces de aglutinar á sociedade galega para protestar polas súas políticas caducas e decimonónicas.

Unha praza da Quintana dúas veces ateigada, os discursos de destacadas personalidades da cultura galega, e un Avelino Pousa Antelo con moito mérito baixo o sol, e rememorando as súas conversas con Castelao. E é certo, o PPdeG sabe como enfadar á sociedade galega, as galegas e galegos que saímos neste 18 de outubro a defender a nosa língua, a defender os nosos direitos e a berrar nin un paso atrás na defensa dunha parte moi importante da nosa personalidade e cultura como pobo.

O día 18 deu igual a quen votabas e de que pao ías, todas e todos berramos polo galego, e que vaian tomando nota no Parlamento galego, a paciencia acábasenos.

Dereitos

Dispóñome a contestar ao artigo de José Ramón Amor publicado hai uns días na Voz de Galicia, acerca dos animalistas, coa incerteza de poder contestar a tanta ignorancia escrita.

É habitual acusar aos defensores dos animais de egoístas, e de non preocuparse por outras causas como o fame, a escaseza de auga ou mesmo as epidemias; con todo, é máis habitual que quen critican a este movemento social, non fagan nada polos demais, sexan animais ou seres humanos.

En xeral, ninguén no seu san xuízo ousaría criticar a Greenpeace por non preocuparse dos nenos que morren en África, ou a Médicos sen Fronteiras por non loitar contra o arrequecemento global. É imposible e inxusto que quen realmente se dedica ás causas sociais atrévase a criticar a outro movemento por non traballar en X ou Z inxustiza.

Con todo, a José Ramón, mólalle, como di el, criticar aos animalistas, porque é un gran practicante da solidariedade de salón, e prefire dedicarse á crítica e ao insulto moral, antes que facer algo ademais de escribir artigos e libros.

Gandhi ou Martin Luther King removeríanse nas súas tumbas se lesen tal cúmulo de despropósitos…

Por certo; unha vez máis, La Voz de Galicia non quixo publicar algo relacionado cos dereitos dos animais, seguindo a súa liña “independiente” de censurar a certos movementos, igual que ocorre coa plataforma Galicia, mellor sen touradas e o citado medio e La Opinión ou o Faro de Vigo.

Vendida en: Kaos en la Red 23/12/2008