A botica da expresión Rotating Header Image

dereitos

¿Dereitos para os animais? Polos collóns

Novo caso de maltrato animal en Galicia, nova brutalidade cara un ser vivo pola mera diversión. Nesta ocasión ocurriu en Ortigueira; onde unha persoa remitiu a un coñecido medio de comunicación unha imaxe escalofriante, desas que che conxelan o sangue.

¿Cal será a resposta das autoridades? Ningunha, como sempre; esa é a liña xeral de actuación da Consellería de Medio Ambiente. Galicia ten unha das lei de protección e ¿benestar? animal máis antigas, data do 93; e polo de agora non hai intención de modificala, ¿para que? deben preguntarse dende a Consellería, pois total, o traballo que facemos é inutil…

Cada ano se abandoan miles de animais en territorio galego, aproximadamente un 70% falece nas estradas, atropelados, desnutridos ou asasinados por algúns individuos con poucos escrúpulos.

Sen embargo, aquí non pasa nada; o animal é un ser de 2ª categoría, porque hay problemas máis importantes, morre xente de fame, o aborto, a eutanasia, iso si que son temas destacados. Pero claro, ¿quen ten a autoridade moral para considerar un problema máis importante ca outro?.

Pois aporto un dato, xa que moita xente se move por números; no 2003, en Galicia sacrificáronse 80 millóns de animais para consumo humano. Isto é unha cifra tremenda, e saen case 30 animais por persoa ó ano. ¿De verdade o consumo humano necesita tal atrocidade? Semella que si…

E mesmo se reparasemos na producción de cereais relacionada coa producción cárnica, e a súa vez, coa pobreza e fame no mundo, veriamos unha vez máis, que os grandes hipócritas viven en Occidente; posto que por moito que falemos dos “grandes problemas” do mundo e critiquemos o movemento pro-dereitos dos animais, polos collóns axudamos ós demais, incluso permitímonos o luxo de consumir e consumir alimentos, e deitarnos no sofá, e se sae algún neno desnutrido na televisión, apagámola e listo; que así non hai que pensar.

Do maltrato animal, pasando pola alimentación ata a conciencia; todo está relacionado. ¿Todavía pensas que son un egoísta?

Explotación

Hai pouco saíu na prensa un video duns macacos que traballaban como camareiros nunha pequena taberna de Xapón. Unha noticia que demostra o contínuo servilismo ó que sometemos os demais seres vivos.

O ser humano non é o dono do planeta, nen dos seus habitantes; non contentos con matar día a día á Terra, co quecemento global, a deforestación, a contaminación de ríos, mares e océanos; temos que exterminar e esclavizar os animais. Circos, gandeiría, tauromaquia, festas, todo vale para facer dos animais uns obxetos os cales manexamos polo noso interés sen problemas nen remordimentos. Non pasa nada se sacrificamos en Galicia 80 millóns de animais ó ano, nen usar elefantes e leóns nos circos, nen guindar animais dun campanario, todo vale, o antropocentrismo manda.

Empregar animais como traballadores é unha situación que roza a esquizofrenia, empregar a un ser vivo que non ten conciencia do que fai, e tampouco pode protestar, porque senón ser castigado polos seus donos, ávidos de diñeiro e fama a costa da explotación animal.

Igual pasa cos seres humanos, e a relativa abolición da escravitude. A explotación humana non ten límites, e as mentes dalgúns están podres dende hai moito.

Vendida en:

La Voz de Galicia  7/10/2008

Tradución de material animalista

Image Hosted by ImageShack.us

Estes días que non escribín, por mor dos meus estudos, estiven pensando que sería moi positivo para a língua galega a tradución de material sobre os dereitos dos animais, das personaxes máis importantes neste eido, como son Peter Singer, Tom Regan, etc.

Os seus escritos podémolos atopar en castelán en multitude de lugares na rede e mesmo nas tendas de libros. Sen embargo, o galego non aparece por ningures. E , xa que eu tamén estou metido neste “embrollo”, creo necesario ofrecer estes coñecementos en galego.

A partires de agora, ofrecerei material animalista en galego, tanto para ler, como para descargar.