A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘el’

Pólvora mollada

Falamos de ética, de saber informar de maneira imparcial, e de deixar as críticas e opinións para as columnas. Fan periódicos, medios moi potentes para comunicar á sociedade, non fan panfletos nen folletos.

Por iso cremos que o Colexio de Xornalistas é o ente adecuado para formular a nosa queixa acerca do tratamento informativo da feira taurina da Coruña, porque é esta organización a que mellor pode valorar o traballo dos seus colegas, e ver se efectivamente algún medio dedicouse a informar con pouca veracidade.

Os lectores queren coñocer a verdade do que pasa na súa cidade, e eu miemo como lector esixo que o medio que compro, o xornal que pago, informe acorde a unos mínimos, outrora, aprobados por maioría por los xornalistas. ¿É isto malo?

Existen moitos medios con crónicas taurinas, e os criticamos por contelas, pero isto xamáis será obxeto dunha queixa formal, porque a libertade de información e expresión debe prevalecer, guste ou non. Manipular e informar como a un lle veña en gana xa é outro tema.

*En relación á contraportada adicada baixo o título "Pólvora", na edición dixital e impresa do xornal El Correo Gallego, criticando a intención da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas de que sexa o Colexio de Xornalistas de Galicia quen vele polo correcto tratamento da feira taurina da Coruña

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

19.000.000

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google