A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘estado’

Ata sempre Allende

Último discurso de Salvador Allende, presidente de Chile asediado por un golpe de Estado no propio palacio presidencial.

Hoxe, 11 de Setembro, cúmplese un ano máis da súa morte; morte quizais pouco interesante para os medios de comunicación convencionais, máis interesados nos atentados de Nova Iorque, que tiveron lugar o 11 de Setembro do 2001.



Unha pequena homenaxe para continuar a loita polos dereitos civís e humanos, e por unha democracia real en moitos paises do mundo. Allende foi un exemplo de político comprometido co seu pobo, cos seus electores e cos que non o votaron. O golpe de Estado e a suba ao poder do xeneral Pinochet traeu a chegada dun periodo escuro na historia chilena, morte e destrucción do propio pobo. Un dictador que non chegou a pasar pola Xustiza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cerco á democracia

TeleSur informaba hai tres horas da primeira morte provocada polo golpe de Estado de Honduras, un estudante que se manifestaba nas rúas de Tegucigalpa.

Outro medio, chamado Agencia Walsh, unha axencia de noticias alternativa, que forzas militares detiveron hoxe a un caricaturísta e a súa filla de tan só 17 meses de idade. Allan Mc Donald é coñecido polo seu traballo no Heraldo de Honduras, o Times e o portal de contrainformación "Rebelión".

Ademais, dende A Botica, dispoñemos para todalas persoas que se interesen pola situación de Honduras, unha canle en directo, a través de Radio Globo, unha emisora de radio independiente asaltada o día 29 de Xuño polos militares, e que continúa transmitindo, desafiando o cerco informativo.

A ligazón para seguir a situación de Honduras é: Honduras en directo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

δημοκρατία

Hoxe, ó redor das 6:30 da mañá (hora de Honduras), varios militares abordaron á Casa Presidencial, detendo pola forza ó presidente Manuel Zelaya, e tamén deportado a Costa Rica, previo paso por unha basea aérea.

O Tribunal Supremo de Honduras apoia o golpe de estado das forzas militares, e segundo algúns mass media tamén ordeou a detención de varios cargos ministeriais e militantes do Partido Liberal de Honduras.

Como atentado moi grave cara a democracia, dende este blogue fago unha pequena aportación contra a violencia antidemocrática do exército e do Tribunal Supremo de Honduras.

Algúns medios de Venezuela e Bolivia informan de que os embaixadores de Nicaragua, Venezuela e Cuba en Tegucigalpa tamén foron retidos; o suministro eléctrico cortouse para evitar a resposta popular, pero non puideron prever que o pobo de Honduras, o pobo soberano do seu propio país saíu a protestar contra este atropelo a Manuel Zelaya, e o goberno lexítimo de Honduras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google