A botica da expresión Rotating Header Image

expresión

A conta, por favor

A caverna leva unha mala semana. Primeiro foi a agresión ao xornalista Herman Tertsch a que levantou a polvareda da violencia contra a liberdade de expresión, sinalando a un coñecido humorista e a unha cadea de televisión de instigar ao ataque dunha persoa. O motivo, uns videos manipulados por un programa onde o serñor Terstsch dicía cousas como “mataría a 15 o 20 pacifístas(…)”, sempre manipulados, volvo repetir.

O que non fora manipulado era a opinión en directo deste crítico xornalista, recordando que mataría varias persoas de Al Qaeda se con iso liberaban aos secuestrados españois. Rápidamente certos medios e algún político rexional sinalaron.

Despois deste circo mediático, provocado polo afán de conspiraccionismo, hoxe sabemos que o grande locutor (presunto) pirata Federico Jiménez Losantos (pirata polas emisións sen licencia de esRadio na provincia de Tarragona), terá que indemnizar a Esquerra Republicana de Catalunya con 60.000 euros, por locutar, nunca mellor dito, que na sede da formación catalana escondíanse armas, e os seus militantes e por ende, dirixentes, eran terroristas. Unha pérola máis dun dos xornalistas máis condeados dos “mass-media” españois.

A Audiencia de Barcelona conmina ao xornalista rebelde a pagar, por atentar contra o honor dun partido político e dos seus militantes hai dous anos, no 2007, nunha columna de El Mundo. A sentenza resume moi ben o sentir de moitos cidadáns con este home, “o dereito a expresión non é ilimitado”, e por tanto, novo varapalo para a caverna. Mala semana, si.

A renovación

Con case un ano de vida, renovo A Botica da Expresión; non só a nivel visual (evidente), senón a nivel espiritual.

Durante o tempo de vida do blogue (ata o momento) escribín 125 entradas, cun total de 75 comentarios. Case unha entrada cada 3 días, e un comentario cada 2 entradas. Non está mal, pero penso que podería estar mellor; e con esta idea comeza a renovación.

Durante o comezo falei moito do tema dos dereitos dos animais; e continuarei a facelo. Ademáis, podo presumir de ser o único blogue en galego que aborde esta temática, a pesares de que por outra banda isto é negativo, xa que noutras linguas existe cantidade e calidade onde elixir…

A política e os dereitos humanos serán fixos, como sempre; pero creo necesario incidir no tema dos animais, posto que xa hai moitos blogues que falan dalgúns dos temas que eu tamén toco, pero que sen embargo, non falan do tema “animalista”.

Non vou ocultar que son parte interesada no tema, xa que son unha persoa activa do movemento. Por iso, creo obrigatorio falar máis de algo que me afecta directamente.

Con todo, o 2º ano da Botica da Expresión comeza o 23 de abril. Grazas a tódalas persoas que me seguides e as que non, tamén 😉

Arranxando a batería

Levo bastante tempo sen escribir, e non é por falta de tempo, senón por olvido completo. O meu segundo blogue, no xornal dixital “TerceraInformación”, e escrito en castelán, claro; tampouco está moi actualizado, e leva uns días sen subir nada novo…

Espero voltar nuns días, con novas entradas, novas historias e novas críticas; que hai moito de que falar