A botica da expresión Rotating Header Image

festa

As touradas e Cangas

A pasada semana unha nova espertou un positivo interese nos medios de comunicación. Tratábase do lanzamento da campaña “Queres declarar a túa vila abolicionista?”, idea da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, que concentraba no seu primeiro día de vida a presentación de mocións contrarias á barbarie taurina en 19 concellos galegos.

Xa pasaron 12 días dende a presentación da campaña e do “boom” mediático, e xa son 25 os concellos que recibiran unha moción no rexistro municipal, como adiantaba o xornal Público nunha entrevista a un membro da organización abolicionista galega.

Hoxe a nova é moi positiva, como informa La Coz de Galicia e o medio taurino Burladero. Trátase da primeira moción contra as touradas presentada nun concello por parte dunha formación política, unha iniciativa auspiciada pola formación Alternativa Canguesa de Esquerdas, que levara a proposta de Galicia, Mellor Sen Touradas ao seguinte pleno do concello de Cangas con algunhas modificación segundo puiden coñecer…

ACE goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG-PSOE, e a situación na vila non é moi estable despois de toda a revolta co gallo das obras e do porto cangués. Sen embargo a proposta ten que continuar (the show must go on!) e ten que aprobarse, pois de facelo, sería o primeiro concello galego oficialmente contrario ás touradas, despois de que o alcalde de Monforte rexeitara debater a iniciativa, nun intento por contentar ao lobby taurino.

Méritos

Nesta semana apareceron dúas novas moi interesantes sobre unha actividade cultural que vai ter lugar na Coruña o día 19; concertos, xogos populares, etc. Apoiado por varias empresas, a Concellaría de Mocidade da mesma cidade e polo Centro Social Atreu. Ata aquí todo ben, pero hai que observar as novas.

Con dicír que aparecían no portal Periodista Digital e na Coz de Galicia, a meirande parte da xente saberá o senso de ditas novas. “Aquelarre” ou “terrorismo” son algún dos apelativos que adica a dereita mediática a unha festa pola língua galega.

Cando unha persoa que non comprende o que hai detrás de certos medios de comunicación pode chegar a crer que o que dín é verdade, coa famosa parábola de que se repites unha mentira varias veces, convértese en verdade; a pesares de que sexa falsa. A parábola dos méritos traza unha liña entre a imparcialidade e a veracidade que deben manter os medios de comunicación e o editorialismo panfletario. De Periodista Digital pouco podo falar. Nas súas páxinas poden atoparse a defensa da educación segregada por sexo, o antiabortismo, as posicións contrarias ás línguas cooficiais, etc etc.

De La Coz de Galicia é máis complicado explicar de que pao vai, xa que hai que seguir o medio dende hai anos para comprender a súa posición. Só podo falar do que coñezo, con respecto ao tema das touradas. A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, cando fai unha nota de prensa ou comunicado, o remite a todos os medios de comunicación, inclusive a Coz; malia que este xornal nunca lle publique nada.

¿E porque non publican nada? Moi sinxelo; La Coz recibe miles de euros da organización da feira taurina da Coruña, en formato de publicidade, e deceas de entradas para os directivos e xornalistas da redacción herculina. Ademáis, como contraprestación, Radio Coz (Grupo Coz) retransmite as touradas. Aquí xa se van vendo as cousas…

Máis intrigante é saber que a retransmisión das touradas tivo unha personaxe espeluznante nas ondas radiofónicas, un periodista pertencente ao grupo Intereconomía. E neste momento, xa sabemos que Grupo Coz e Grupo Intereconomía son amigos, unha relación nada estrana, pero que nunca antes se producirá. Por certo, este home veranea en “Sangengo”, que non teño nin p*** idea de onde cae.

Pasada a feira taurina, a plataforma GMST remitiu aos medios un extracto da investigación que realiza durante todo o ano, sobre o tratamento dos propios medios á feira taurina. Atoparon deceas de incongruencias e falsedades; tan só La Opinión A Coruña sacou o comunicado, pero non quixeron publicar os datos da investigación.

Días antes, La Coz de Galicia e dous xornalistas foron denunciados pola plataforma antitaurina polo seu tratamento das noticias sobre as touradas, perante o Colexio de Xornalistas, non se fixo público, pero a denuncia leva case un mes na institución… precisamente un destes xornalistas é o creador dunha das novas contrarias á actividade cultural do día 19.

Fora malo, ¿dentro bo?

Todos os pobos do mundo teñen unha serie de tradicións, que conforman a propia identidade desas nacións, ou mellor dito deses ciudadans. A cultura e a tradición, poderiamos dicir, son aspectos intrínsecos ás sociedades, aspectos moi antigos e forman parte dos pobos casi dende os seus comenzos.

A pesares disto, e de todo o peso que queiramos dar ás tradicións; algunhas non deben formar parte da sociedade actual. Por estar desfasadas nalgúns casos, ou porque en xeral, atacan contra os propios valores morais.

Un exemplo evidente son as tradicións taurinas. Estes acervos culturais estaban moi extendidos outrora, e a súa desaparición en gran parte de Europa non se debeu a lexisladores modernos nin recentes, senón aos propios impulsores da Ilustración e os seus seguidores. Si, fai varios séculos algúns xa pensaban no respeto ós animais.

Esta definición es estrana; pero se falamos de “festa do boi”, pensamos en Allariz (Galiza), correbous en Cataluña e Comunidad Valenciana, etc.

Eu non atopo diferencias, todos son animais, se lles pique ou non, se lles mate nun recinto ou noutro. ¿Que diferencias ves ti?