A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘guerra’

Welcome Democracy!

Nestes días, o convulso estado de Afganistán vive unhas novas eleccións presidenciais. Un estado con 28 millóns de habitantes, e situado nunha das zonas máis estranas do mundo (a nvel político), polo estado de excepción no que viven os seus veciños de Irán, co presunto fraude electivo, que semella alongarse máis do deseado polos aiatolás...

O principal candidato afgano é Hamid Karzai, un suní que loitou aos soviéticos nos 90, durante a primeira guerra moderna de Afganistán, e que trala aparición do réxime talibán, emigrou a París. Non falamos dunha persoa do "populacho", precisamente. Alí traballou nunha empresa petroleira chamada Unlocal, presumiblemente absorbida, pois na rede non aparece nada.

No excelente documental de Michael Moore, FAHRENHEIT 9/11, amósase outra cara do interesante Karzai; relacións cos Estados Unidos ata o punto de considerarse un peón do antigo presidente Bush junior, na restablecida norteamericana-cracia que impuxeron trala victoria da liberdade e dos Dereitos Humanos.

Hoxe, en Público, sorprende o coñecemento da liberdade e democracia de Hamid. Agora vai pactar con señores da guerra, do mellorciño que un pode atopar; xefes de tribus, vilas, e en xeral de moito armamento e destrucción. Ese tipo de seres humanos aos que non considerar normais. Dostum, por exemplo, un pseudo-xeneral, garantizoulle o 10% dos votos. Non sei como o fara, pero se os ten que pagar ou manipular, quedalle un bo traballo por diante.

Isto é só un exemplo das ansias dalgúns por conservar o poder dun país sumido nunha guerra civil non declarada, na incertidume e na pobreza. Gracias América por salvar a democracia afgana a golpe de bomba e mísil.

Ilustra o artigo unha imaxe dunha estupenda campaña publicitaria de ISHR sobre a discriminación da muller no mundo islámico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

boOM!

Onte cando estaba a ler o XLSemanal, vin unha reportaxe dos soldados dos Estados Unidos en Iraq, unha reportaxe un pouco estrana, onde consideraba ós militares como os únicos seres humanos que sufren neste devastado e prácticamente destruido país.

O video anterior corresponde á canción "Boom!", do grupo de metal System of A Down. É unha canción contraria á guerra de Iraq, unha guerra iniciada por un Estado que procura a "súa" democracia no mundo enteiro, e non dubida en batallear con calqueira que intente evitalo, quen senón: os Estados Unidos. Un video lanzado ó mundo no 2003, nos albores da guerra...

System of A Down é un grupo de música verdadeiramente comprometido con diversas causas sociais; dende a guerra ata o activismo político máis concreto. De esta forma, o seu cantante, que agora canta en solitario, Serj Tankian, ten un portal en internet chamado Axis of Justice.

Pese a que os membros de S.O.A.D non naceron nos Estados Unidos, tiveron moi boa influencia no país, a pesares de proceder de países do Oriente Medio, como o Líbano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tribulacións dun imbécil

Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.

Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mariano, e criticar e mofarse da guerra civil e da represión

As que ti chamas fosas de non sei quen, Casado, son onde están enterrados gran parte dos 143.353 represaliados pola irracional ultradereita, a que seguides agochando nalgún lugar de Génova. 143.353 persoas con nome e apelidos, que non se sabe onde foron asasinados, dos que as súas familias non perderon a esperanzas de despedilos como merecen.

E todas esas persoas non eran de esquerdas por moda, como te atreves a dicir, non eran carcas, eran seres humanos que loitaban por un mundo mellor, dende o campo ou dende un despacho, dende a cidade ou dende unha pequena vila mariñeira; persoas que creían no progresismo das súas ideas e no avance. Sen embargo, xente como ti, Pablo, coartou o progreso, a esperanza e a paz…

A Lei de Memoria Histórica, aínda que incompleta, é unha lei moi necesaria, non reabre heridas, senón que contribúe a cicatrizalas facendo pagar os culpableis, das súas atrocidades e barbaries. Vellas heridas é ter que aguardar 30, 40 ou 50 para descubrir onde está o teu pai, nai, avó ou avóa. Vellas heridas sen cura ata agora.

O mellor sería que miraras cara atrás, a ver se o teu carón hai algún dos tantos membros do PP que contribuíron o fortalecemento da ditadura, e que continúan a exercer a política dende a impunidade coas mans manchadas de sangue.

Vendida en:

Tercera Información ??/9/2008

Kaos en la Red 23/9/2008

Galiza Indymedia 23/9/2008

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google