A botica da expresión Rotating Header Image

ideas

Rebumbio do mes

Todavía non remataron os exames, e A Botica da Expresión anda máis orfa do normal. Nesta semanas de estudo aconteceron moitas cousas. En primeiro lugar, a declaración de Cangas como primeira vila de Galiza contraria aos festexos taurinos, sen dúbida un paso moi potente do movemento abolicionista galego.

Outra nova que me sorprendeu será ler a Chomsky cada mes nun coñecido xornal, o diario Público; sen dúbida unha das persoas máis críticas co seu propio país e cos seus gobernantes e sistema. Un dos expertos cidadáns, sen moitas cavilacións. Por certo, o sábado o mesmo xornal ofrece a súa obra “Utopía”, que eu non deixaria escapar.

Ao señor Aznar as cousas non lle pintan tan ben, despois de que a Xustiza anunciara que investigará ao seu antigo goberno popular por financiar, supostamente, a un grupo de presión co obxetivo de que lle otorgaran a medalla de ouro do Congreso dos Estados Unidos. Eu temía que non quixera quedarse nas Azores, aprendendo inglés e italiano, e por desgracia nosa, puido ocorrer que dera diñeiro da cidadanía para aumentar a estantería dos trofeos, xunto coa resolución da ONU e o Iraq.

Sen dúbida o filme do mes é To Shoot an Elephant, un documentario nada corrente sobre a invasión de Gaza, por parte do estado de Israel. Xusto poucos días antes de que o propio goberno (terrorista) admitira que empregou fósforo branco. Tamén é interesante ver “Gaza: War in Media“, que emprega material do filme de Alberto Arce e Mohammad Rujailah e enfoca a situación dende o punto de vista dos medios de comunicación, os mass media e a demagoxia dalgúns.

Pero tamén estaremos atentos para ver como remata a polémica do decreto pluri-maxi-hiper-lingüístico. Pois eu penso que mellor que a língua inglesa, habería que aprender chinés, idioma en expansión e próximo idioma dos negocios no mundo. Sigo co estudo…

Son progre e ¿aficionado taurino?

España ten unha fauna especial, moita xente, que se denomina progresista ou de esquerdas non ten reparos en afirmar que a súa afección pola tauromaquia non é incompatible coas súas ideas políticas.

A tauromaquia é unha tradición, se, unha tradición cruel que tan só busca putear e torturar brutalmente a un animal para posteriormente asasinalo esnaquizándolle completamente a espiña dorsal. Como tradición se, pero como actividade, merece como mínimo unha seria reprobación por parte da xente.

Está claro que durante os case 40 anos de ditadura, promocionouse a tauromaquia dentro e fóra de España, ata o punto de que na actualidade moitos cidadáns estranxeiros, recoñecen a España cun mezquino “Olé”. Isto déixanos en evidencia unha vez máis ante o mundo. Nun país onde existe unha prolífica creación literaria, onde existen grandes intelectuais, coñécellenos unicamente por unha salvaxada institucionalizada.

Para algúns podes ser ecoloxista, defensor dos animais, socialista, de esquerdas e moitos outros termos, que para eles non son para nada incompatibles, de feito, pódese acuñar un novo tipo de pensamento: o vermello taurino; metade de esquerdas, metade sádico.

E claro, a política tamén se apunta ao rodo. chegou un punto no que dan igual as siglas dos distintos partidos políticos españois. Pero podemos analizar de forma sinxela algún:

O goberno actual, que dicir, un partido supostamente socialista, que perdeu todo o socialismo co que foi fundado. De feito, a ex ministra de cultura, Carmen Calvo é membro dunha plataforma parlamentaria pro-taurina, e acudiu en innumerables ocasións a prazas de touros para gozar dun bo día de tortura.

E é que se esquecen de algo, que xa repetín noutra ocasión; Pablo Iglesias, un dos fundadores do PSOE dixo no seu momento que a tauromaquia era algo aberrante. Pero para os socialistas de adhesivo isto dálles absolutamente igual. Como denominar festa popular, a un festexo que non apoia a maioría dos españois, ou como crer que con 400€ ímonos a calar…

Practicamente non hai diferenza duns partidos a outros (salvo recoñecidas excepcións) nesta problemática, todos promulgan e colócanse as medallas do progresismo, e seguen permitindo un espectáculo medieval.

Igual que tampouco se entende como na lexislación relativa aos animais, sempre se exclúa a tauromaquia do seu ámbito de aplicación. Calquera artigo de calquera lei autonómica podería servir para imputar a un toureiro, picador, ou ata empresario, un delito de malos tratos ós animais. As arcas do Estado sobordarían diñeiro.

Por iso, se de verdade es unha persoa de esquerdas, de corazón e de ideas, non apoies a tortura, se es un deses que votando ao PSOE crese o maior socialista do universo, e con todo acodes ás “corridas”, quíta a máscara.

Vendida en:

Kaos en la Red 1/5/2008