A botica da expresión Rotating Header Image

morte

As touradas e Cangas

A pasada semana unha nova espertou un positivo interese nos medios de comunicación. Tratábase do lanzamento da campaña “Queres declarar a túa vila abolicionista?”, idea da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, que concentraba no seu primeiro día de vida a presentación de mocións contrarias á barbarie taurina en 19 concellos galegos.

Xa pasaron 12 días dende a presentación da campaña e do “boom” mediático, e xa son 25 os concellos que recibiran unha moción no rexistro municipal, como adiantaba o xornal Público nunha entrevista a un membro da organización abolicionista galega.

Hoxe a nova é moi positiva, como informa La Coz de Galicia e o medio taurino Burladero. Trátase da primeira moción contra as touradas presentada nun concello por parte dunha formación política, unha iniciativa auspiciada pola formación Alternativa Canguesa de Esquerdas, que levara a proposta de Galicia, Mellor Sen Touradas ao seguinte pleno do concello de Cangas con algunhas modificación segundo puiden coñecer…

ACE goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG-PSOE, e a situación na vila non é moi estable despois de toda a revolta co gallo das obras e do porto cangués. Sen embargo a proposta ten que continuar (the show must go on!) e ten que aprobarse, pois de facelo, sería o primeiro concello galego oficialmente contrario ás touradas, despois de que o alcalde de Monforte rexeitara debater a iniciativa, nun intento por contentar ao lobby taurino.

Vangarda

O venres pasado e durante esta semana as persoas que cremos que as touradas non teñen sentido en pleno século XXI, tivemos en Catalunya, unha das maiores alegrías dos últimos anos. O Parlament rexeitaba as enmendas á totalidade presentadas por Ciudadants, o Partido Popular de Catalunya, e o PSC, esa versión catalana-descafeinada do PSOE, a proposta popular seguía cara diante.

Os artifíces da iniciativa son 180.169 persoas. Os firmantes dunha Iniciativa Lexislativa Popular que contou con 880 fedatarios, as persoas encargadas de recoller as sinaturas e validalas no momento mediante a revisión do DNI do “firmante”. Era a primeira vez que unha proposta tan multitudinaria sobre a tauromaquia chegaba a unha cámara autonómica.

Dende Galicia, Mellor Sen Touradas, na outra beira do territorio español, e pasando polas comunidades máis rancias do Estado, ofrecíase a visión dos abolicionistas galegos na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Houbo ata un debate case simultaneo coa votación da ILP no Parlament.

A pesares da axustada votación, as enquisas otorgan unha maioría aplastante ás persoas que non queren ver como outros seres humanos teñen a liberdade, e recalco liberdade, para ver como se tortura e martiriza a un animal. Recalco esa curiosa verba porque é un dos argumentos máis manidos polos afecionados e a industria taurina, unha suposta liberdade para poder ver como torturar animais nun espazo privado.

A liberdade e o anti-españolismo, como se todas as enquisas que fixeron medios como El inMundo, La sinRazón, La Coz de Galicia, La Opinión, etc etc foran de tendencia nacionalista histórica; porque hai que saber diferenciar que defender unha tradición centralizadora como é a tauromaquia, vinculada só a determinadas comunidades, tamén é un exercicio de nacionalismo. Pero o debate é sobre protección animal.

Non podemos vincular ao movemento antitouradas co debate nacionalista; pode haber parte dos antitaurinos que sexan nacionalistas e que rexeiten este espectáculo por motivos políticos. Pero ao final, a verdadeira análise que se ten que facer é que cada ano tortúranse máis de 40.000 animais, que os gandeiros de lidia recibiron 220€ por cada guiñapo, e que os festexos subvencionaronse co noso diñeiro.

Ata sempre Allende

Último discurso de Salvador Allende, presidente de Chile asediado por un golpe de Estado no propio palacio presidencial.

Hoxe, 11 de Setembro, cúmplese un ano máis da súa morte; morte quizais pouco interesante para os medios de comunicación convencionais, máis interesados nos atentados de Nova Iorque, que tiveron lugar o 11 de Setembro do 2001.

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/g1QJ-y_xUmk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Unha pequena homenaxe para continuar a loita polos dereitos civís e humanos, e por unha democracia real en moitos paises do mundo. Allende foi un exemplo de político comprometido co seu pobo, cos seus electores e cos que non o votaron. O golpe de Estado e a suba ao poder do xeneral Pinochet traeu a chegada dun periodo escuro na historia chilena, morte e destrucción do propio pobo. Un dictador que non chegou a pasar pola Xustiza.