A botica da expresión Rotating Header Image

multa

A conta, por favor

A caverna leva unha mala semana. Primeiro foi a agresión ao xornalista Herman Tertsch a que levantou a polvareda da violencia contra a liberdade de expresión, sinalando a un coñecido humorista e a unha cadea de televisión de instigar ao ataque dunha persoa. O motivo, uns videos manipulados por un programa onde o serñor Terstsch dicía cousas como “mataría a 15 o 20 pacifístas(…)”, sempre manipulados, volvo repetir.

O que non fora manipulado era a opinión en directo deste crítico xornalista, recordando que mataría varias persoas de Al Qaeda se con iso liberaban aos secuestrados españois. Rápidamente certos medios e algún político rexional sinalaron.

Despois deste circo mediático, provocado polo afán de conspiraccionismo, hoxe sabemos que o grande locutor (presunto) pirata Federico Jiménez Losantos (pirata polas emisións sen licencia de esRadio na provincia de Tarragona), terá que indemnizar a Esquerra Republicana de Catalunya con 60.000 euros, por locutar, nunca mellor dito, que na sede da formación catalana escondíanse armas, e os seus militantes e por ende, dirixentes, eran terroristas. Unha pérola máis dun dos xornalistas máis condeados dos “mass-media” españois.

A Audiencia de Barcelona conmina ao xornalista rebelde a pagar, por atentar contra o honor dun partido político e dos seus militantes hai dous anos, no 2007, nunha columna de El Mundo. A sentenza resume moi ben o sentir de moitos cidadáns con este home, “o dereito a expresión non é ilimitado”, e por tanto, novo varapalo para a caverna. Mala semana, si.

O 90% dos españois endurecería a lexislación relativa á protección e benestar dos animais

Un estudo dun laboratorio de saúde animal, realizado entre 2500 internautas, mostra que o 90% dos entrevistados aboga polo endurecemento das sancións para os individuos que maltraten ou/e abandonen animais.

Este endurecemento tamén acompañaríase de penas de prisión nos casos máis graves. Hai que recordar que a lei relativa a esta temática, de Galicia, data do 93, 15 anos de lexislación caduca, que aínda contempla as multas en pesetas…

A ligazón da nova en Público