A botica da expresión Rotating Header Image

non

Ciencia infectada

Resposta ao artigo “Comerse una rata” de Jose Ramón Amor Pan, teólogo e columnista de La Coz.

En resposta ao artigo do sr. Amor, en relación aos dereitos dos animais, teño que dicir que tales afirmacións supoñen un xeito sesgado e simplista de interpretar a realidade.

Cando fala da experimentación en animais, a súa análise é certamente acientífica, invitando a pensar que a experimentación en animais non humanos é necesaria para o avance da propia ciencia e o coñecemento. Non obstante, habería que incidir na gran cantidade de erros e fracasos que tal eido acumula.

Así, podería recordalle ao señor Amor o caso do Talidomida, famoso medicamento empregado nas mulleres embarazadas para controlar as náuseas, probado en ratos e cobaias, que provocaría máis de dez mil nacementos de bebés con mutilacións. E iso que os experimentos cos animais non ofreceran problemas. Ou o Propulsid, un fármaco para tratar refluxos gástricos en poboación infantil, que provocou máis de douscentas mortes debido as alteracións cardíacas que producía. E sen embargo ningún estudo con ratos ofrecera tales complicacións.

A experimentación en animais é unha lucrativa industria que condea a millóns de animais a sufrir crueis investigacións e probas para que logo o oligopolio da saúde e da ciencia poidan obter cuantiosos beneficios e axudas estatais. Xa existen métodos alternativos e substitutivos eficaces e validados por institucións europeas, pero semella que non interesa…

A ética máis básica propugna a fin da vivisección, da crueldade enmascarada de ciencia. O sentido común é deixar de verter químicos nos ollos dos coellos, de diseccionar a cans e gatos todavía vivos, de obrigar a macacos a inxerir substáncias tóxicas. A ciencia é progreso, non reproducir sistemáticamente accións de seculos pasados.

Caza, a demagoxia ambiental

Respostas á Federación Galega de Caza.

A natureza leva moitos séculos autorregulándose fronte a proliferación de certas especies animais nun entorno. Así, agora podemos contemplar como é o ser humano, quen está a desregular e a violar sistemáticamente o curso natural das especies e o curso natural do propio medio ambiente.

Basearse na legalidade dunha actividade para xustificar unha masacre é pender do fío do inmovilismo da sociedade e defenestrar as máis básicas concepcións morais de respeto ós habitantes do planeta. As pelexas de cans son legais nas Illas Canarias, as mulleres non tiñan dereito ó voto ata 1931, e a queima de herexes configurábase como una actividade lúdica e social na España do medievo, semellante ós partidos de fútbol da actualidade…

Por tanto, a chamada caza deportiva pode ser legal, pero non se achega en nada o mínimo de ética que debe ter unha persoa que pretende respetar á natureza e os animais.

Os beneficios económicos non poden ser unha máxima para poder cazar e matar a outros seres vivos: a escravitude foi un negocio florecente en épocas pasadas, e sen embargo foi prohibida.

Algunhas das sociedades animais máis antigas coñecidas, como os insectos, xa regulan dende hai milleiros de anos a súa poboación, e nunca tiveron cazadores entre as súas filas.

Volve a hipotese do mono asasino, a (des)evolución dun ser humano que mata para evolucionar, e dun xeito especialmente cruento.

Vendida en:

Kaos en la Red 9/1/2009

Galiza Indymedia 9/1/2009

Xustificacións

En moitas ocasións, como persoa e como activista nunha organización pro-dereitos dos animais, véxome na obligación moral de ter que xustificarme ante terceiras persoas pola miña condición de voluntario nunha ONG, ou pola miña escolla de ser vexetariano.

De forma usual, existen todavía individuos que discriminan as posicións ou opcións doutras persoas. O vexetarianismo é unha delas. Eu, case levo un par de anos sendo vexetariano, e a miña alimentación mudou de comer tódolos días animais, sexa carne ou pescado, a ter unha alimentación moitisimo más saudable, incluíndo non só os consabidos vexetais como leitugas, tomates ou cebolas: o “pack” básico de calqueira casa ou restaurante; senón tamén os descubrimentos menos coñecidos en Galicia: seitán, tofu, quinoa, mijo, etc.

Un vexetariano non só se alimenta de ensaladas, senón dun conxunto de alimentos que sorprenderían a calqueira persoa…

Sen embargo, a decisión de mudar ó vexetarianismo foi outra. Unha decisión ética; unha decisión que implicaba que non volvería a comer un animal polo sufrimento e explotación o que os sometemos cada día. Ó redor de 3.000 seres vivos son sacrificados para alimentación, vestimenta ou simplemente diversión. Unha cifra xigantesca que mostra o nivel de mercantilismo ó que sometemos ós animais.

Lóxicamente e ó contrario que pensan moitas persoas, un porco ou un polo non son obxetos de alimentación; son seres vivos que deben ter dereito a vida (valga a redundancia) como mínimo. A pesares diso, non temos problemas en encerralos, modificar os seus hábitos de conducta e facerlles parte fundamental dunha cadea de consumo macabro.

Noutras ocasións, a miña xustificación provén do meu activismo. Na Coruña, xa nos pasou varias veces nas mesas informativas, unha mesma  pregunta:  ¿Porque non protexedes @s nen@s?.

A primeira cuestión é moi sinxela de respostar: Non protexemos os nenos porque nos adicamos a procurar unha protección cara os animais. A ningunha persoa con plena intelixencia, se lle ocurriría preguntarlle a un membro da Cruz Vermella que porque non protexen a aguia imperial. Ou a un membro de Greenpeace, que porque non se ocupan dos refuxiados de Darfur.

Existen moitos campos do terceiro sector, e cada persoa pode escoller o seu libremente. Moitas veces nos atoparemos nesta situación, e na maioría delas, o noso “inquisidor” nunca fará nada polos demais, sexa humano ou non. Se non o credes; facede a proba.