Dick Cheney, ex-vicepresidente dos Estados Unidos e curioso político a tempo parcial (o resto do tempo o adica a matar xente nas súas cacerías), afirma que a CIA salvou vidas cos seus interrogatorios. O que non dí é que vidas salvou, a súa e a do pequeno Bush, ou a dos interrogados; na súa meirande parte presos sen dereitos...
Descoñezo cal é o motivo polo cal, o político republicano (e ademais homófobo) pode facer tales declaracións e quedar ben sentado na súa cadeira. Coas sospeitas que sobrevoan as cabezas dos antigos responsables de seguridade dos últimos 8 anos, co tema Iraq, Afganistán, a loita hipermundial contra o terrorismo (invisible), a contratación de exércitos privados (Blackwater, por exemplo) e os seus atques selectivos, sen olvidar o estrano e indefinido apoio o estado de Israel, non é moi lóxico saír á palestra pública a falar do ben que lles ía aos norteamericanos mentras os seus funcionarios torturaban e maltrataban a outros seres humanos.
Pola contra, e todavía sen saber os motivos estratéxicos e políticos, o actual presidente dos EUA ordeou a creación dun novo grupo de interrogacións e de seguido o Departamento de Xustiza asignou un fiscal especial para investigar o trato vexatorio aos presos.
O máis lóxico sería seguir a posición de Amnistía Internacional e a ONU: investigar por unha banda e pola outra indemnizar aos torturados.
O mesmo día das Eleccións norteamericanas, que gañou o candidato demócrata Barack Obama, en algúns estados estábase a debater outras interesantes propostas, como o matrimonio homosexual, ou a proposición número 2; ambas en California.



