A botica da expresión Rotating Header Image

Parlamento

¿Quen traballa máis?

Perante o anuncio das eleccións galegas, no día 1 de Marzo do 2009, e ante a proximidade das eleccións ó Parlamento Europeo, posiblemente no vindeiro Xullo de 2009; quixen facer este pequeno “traballo” de recollida de datos para ver quen dos europarlamentarios i europarlamentarias españois traballa máis e quen traballa menos…

Tomei como mostra os partidos políticos españois que tiveron representación nesta lexislatura que acaba (E entre paréntese os deputados escollidos ó azar, salvo nalqueles onde non hai opción de escolla, como Izquierda Unida, ICV, i EA):

-PSOE   (Rosa Miguélez Ramos)

-PP   (Esther Herranz García)

-Izquierda Unida / Iniciativa per Catalunya-Els Verds  ((Willy Meller, de IU e Raül Romeva, de ICV)

-GALEUSCA   (Ignasi Guardans, de CIU e Josu Ortuondo, do PNV)

-Europa dos Pobos  (Mikel Irujo, de EA)

Ademais, tamén aparecen na comparativa Camilo Nogueira, ex-eurodeputado do Bloque Nacionalista Galego e Rosa Diez, socialista reconvertida en deputada populista por UPyD.

Os datos de mostra corresponderán ó numero de preguntas parlamentarias presentadas nunha lexislatura, que normalmente miden o traballo que fai un político. Seguro que vos levades algunha sorpresa…

Comeza o mini-estudo de traballo:

BNG. Camilo Nogueira (V Lexislatura) 484 preguntas presentadas

UPyD-PSOE. Rosa Diez (V Lexislatura) 31 preguntas presentadas.

CIU. Ignasi Guardans (VI Lexislatura) 126 preguntas presentadas.

Izquierda Unida. Willy Meyer (VI Lexislatura) 259 preguntas presentadas.

ICV. Raül Romeva (VI Lexislatura) 386 preguntas presentadas.

Eusko Alkartasuna. Mikel Irujo (VI Lexislatura) 56 preguntas presentadas.

PSOE. Rosa Miguélez Ramos (VI Lexislatura) 92 preguntas presentadas.

PP. Esther Herranz García (VI Lexislatura) 45 preguntas presentadas.

PNV. Josu Ortuondo (VI lexislatura) 73 preguntas presentadas.

Se ben é certo que o PSOE e PP teñen 24 eurodeputados nesta VI Lexislatura, tamén é certo que traballan menos no tocante ás preguntas que presentan ás distintas comisións. É tamén moi curioso que a líder de UPyD; Rosa Díez, en 4 anos só presentara 31 preguntas, o que supón un bo sofá no Europarlamento, vendo pasar os días…

En teoría, dispor de máis eurodiputados debería garantir un reparto no número de preguntas, a diferencia dos deputados únicos por exemplo en EA, con Mikel; ou Izquierda Unida, con Willy Meyer; sen embargo, hai eurodeputados doutros países, que aínda tendo compañeiros de partido, realizan un número de preguntas similar o de Camilo Nogueira, Raül Romeva ou Willy Meyer.

Para os deputados da VI Lexislatura, as preguntas parlamentarias continúan abertas ata que se disolva o Parlamento Europeo, co que aínda pode crecer.

Tamén hai que considerar que os eurodiputados inscríbense en alianzas europeas; e algúns como Mikel Irujo, de Eusko Alkartasuna, están en Greens/EFA, os verdes europeos; para non ter de compañeiro de escano a algún membro da ultradereita no grupo dos non inscritos.

TÓDOLOS DATOS FORON CONSULTADOS NA PÁXINA WEB DO PARLAMENTO EUROPEO.

Zoo[i]lóxicos

Durante esta pasada fin de semana, e ata onte, tivo lugar unha recepción da alianza ENDCAP, acerca dos parques zoolóxicos da Unión Europea. Isto ocorre días despois de que saíra a luz pública o grande número de papeletas que ten o estado Español de se converter no primeiro país sancionado por no cumprir a lexislación relativa ós parques zoolóxicos.

É necesaria unha completa investigación para descubrir cantos parques zoolóxicos incumpren a normativa europea e no caso de España, cantos son incapaces de chegar os mínimos requeridos pola lexislación nacional.

Algúns incluso carecen dun (presuposto) interés conservacionista e non desenvolven programas de cría en cautividade ou mesmo de reintroducción no medio orixinal, como no caso das especies ameazadas; limítanse a cobrar unha entrada, a ofrecer espectáculos cos seres vivos e a vender regalos…

Un blogue para ler…

Image Hosted by ImageShack.us

Un blogue moi recomendable, o de Raül Romeva, eurodeputado e membro de Iniciativa per Catalunya-Els Verds. E é interesante posto que no Parlamento Europeo a esquerda está pouco presente, proporcionalmente as dúas grandes alianzas, a dereita e os “euro-socialistas” de pegatina.

Raül Romeva escrebe sobre moitisimos temas, incluso toca o tema dos dereitos dos animais, e recentemente presentou unha pregunta á Comisión Europea sobre os fondos FEDER e a súa relación coa tauromaquia española (hai probas).

Bitácora de Raül Romeva, eurodeputado por ICV