A botica da expresión Rotating Header Image

Política

Traxes

A polémica dos traxes e dos pagos continúa, como unha triloxía de thriller oscuro. Hai moitos filmes que quedarían cravados para este tema. Francisco Camps, presidente da Generalitat de Valencia, ten uns problemiñas coa súa roupa. Problemiñas económicos, mellor dito, de intercambios e regalos.

Agora que o señor Camps xa é acusado oficial dentro da trama “Gürtel”, por un presunto delito de “cohecho” (a traducción ó galego queda en “cofeito”, aínda que prefiro “chouriceo”), o Partido Popular muda de estratexia constantemente, os primeiros días parte dos seus dirixentes abstíñanse de facer declaracións, e horas despois defendían de novo a Milano Bonito, como o define á perfección Nacho Escolar; pero cunha defensa siciliana, restando importancia á situación.

Facer regalos ós políticos non está mal, calqueira persoa que queira pode facerlle un presente ó político que prefira, como fai o presidente de Cantabria coas dichosas anchoas. O que xa é relativo é regalar cousas cunha contraprestación, cun fin corrupto. E isto pode ser o que pasa (presuntamente) en Valencia, e noutras partes do Estado, chegando ata Galicia, coa trama “Gürtel”.

Non pode sorprender que o Partido Popular, en verbas da alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, apoie a despenalización dos regalos á clase política. Igual que tampouco sorprende que varios dos seus deputados en distintos parlamentos autonómicos teñan acusacións semellantes ás de Francisco Camps.

E non se enganen, a corrupción só vai con algúns, non con todos os políticos, previndo xa a consabida frase “todos son iguais”. Pero o surrealista é que isto non custa votos, ¿que moral terán algúns votantes? ¿a mesma que co dereito o aborto e a súa insidia coa liberdade de exercelo? Outros inventan a demisión transitoria, último “hit” na política.

¿Qué di?

Ante a nova de hoxe, na que o portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, chamou franquistas ós membros do PP, escribo unhas liñas moi rápidas e moi afiadas.

Xa que a prensa liderada pola Voz de Galicia e La Opinión emiten titulares tan tendenciosos, como se só uns faltaran as formas, teño que facer un exercicio de busca, e bucear un pouco na hemeroteca da prensa española e galega, para atopar semellanzas coas verbas de Carlos Aymerich e o Partido Popular.

31/12/2007 O Partido Popular tilda de franquistas ós gobernos de Catalunya, Euskadi e Galiza por apoiar ás seleccións deportivas autonómicas.

Ligazón: El Periódico del Mediterráneo

14/10/2007 Jaime Mayor Oreja, europarlamentario do PP “¿Por qué voy a tener que condenar yo el franquismo?”

Ligazón: La Voz de Galicia

11/9/2008 Vinaróz (Castellón) retira a Franco do título de Alcalde Honorario coa oposición do PP

Ligazón: El Plural

4/7/2006 O Parlamento Europeo, salvo PP e a ultradereita, censura o franquismo

Ligazón: Terra Actualidad

2/9/2008 Jaime Mayor Oreja, europarlamentario do PP, califica de “disparate” que Garzón queira investigar os desaparecidos

Ligazón: El Plural

8/5/2008 O PP négase a retirar os honores salmatinos a Franco

Ligazón: Público

22/9/2007 O PP de Valladolid repón unha placa de Jose Antonio Primo de Rivera

Ligazón: El Plural

9/2/2007 Jesus Moreno, vocal do PP no Concello de Usera: “Franco dejó demasiados vivos”

Ligazón: El Plural

Esta é unha pequena demostración da democracia participativa que lle gusta ó Partido Popular, e como de que certos medios de comunicación, afíns ou menos afíns, collen o que lle interesa… Quizais a proba definitiva sexa que a antesala do PP, Alianza Popular fora fundada por un ex-ministro de Franco, Manuel Fraga, que aínda continúa na política activa da man da presidencia honorífica do Partido Popular, e no Senado de España.

Contra as touradas en Bruxelas

Unhas semanas atrás, o grupo europarlamentario dos Verdes organizou un seminario similar o que teremos aquí, de feito, varios dos poñentes, tamén estarán en Santiago o día 21.

Deixo as conclusións do eurodeputado Raül Romeva, de ICV. É unha pena que non teñamos políticos recoñecidos antitaurinos de forma pública, e que nalgúns casos, como ocorre na Coruña, os nacionalistas non opoñan resistencia fronte as subvencións municipais á feria taurina deste ano, e doutros anos.

Raül Romeva foi o mesmo eurodeputado que presentou ante o Parlamento Europeo unha pregunta sobre os fondos FEDER e a ganderías de lidia. Aproximadamente, cada gandeiro recibe unha axuda de 220€ por touro pre-torturado

Está claro que o poder muda as persoas, e neste caso os políticos…

Raül Romeva falando do seminario