A botica da expresión Rotating Header Image

saúde

Ciencia infectada

Resposta ao artigo “Comerse una rata” de Jose Ramón Amor Pan, teólogo e columnista de La Coz.

En resposta ao artigo do sr. Amor, en relación aos dereitos dos animais, teño que dicir que tales afirmacións supoñen un xeito sesgado e simplista de interpretar a realidade.

Cando fala da experimentación en animais, a súa análise é certamente acientífica, invitando a pensar que a experimentación en animais non humanos é necesaria para o avance da propia ciencia e o coñecemento. Non obstante, habería que incidir na gran cantidade de erros e fracasos que tal eido acumula.

Así, podería recordalle ao señor Amor o caso do Talidomida, famoso medicamento empregado nas mulleres embarazadas para controlar as náuseas, probado en ratos e cobaias, que provocaría máis de dez mil nacementos de bebés con mutilacións. E iso que os experimentos cos animais non ofreceran problemas. Ou o Propulsid, un fármaco para tratar refluxos gástricos en poboación infantil, que provocou máis de douscentas mortes debido as alteracións cardíacas que producía. E sen embargo ningún estudo con ratos ofrecera tales complicacións.

A experimentación en animais é unha lucrativa industria que condea a millóns de animais a sufrir crueis investigacións e probas para que logo o oligopolio da saúde e da ciencia poidan obter cuantiosos beneficios e axudas estatais. Xa existen métodos alternativos e substitutivos eficaces e validados por institucións europeas, pero semella que non interesa…

A ética máis básica propugna a fin da vivisección, da crueldade enmascarada de ciencia. O sentido común é deixar de verter químicos nos ollos dos coellos, de diseccionar a cans e gatos todavía vivos, de obrigar a macacos a inxerir substáncias tóxicas. A ciencia é progreso, non reproducir sistemáticamente accións de seculos pasados.

¿Imaxinaste sen auga potable?

Charity: water, unha ONG norteamericana adicada á construcción de pozos de auga, fixo este video promocional coa actriz Jennifer Connelly, onde se imaxina a cidade de Nova Iorque sen auga potable. Unha imaxe desoladora para a saúde, que se repite cada día en centos de poboacións do mundo.

Charity: water ofrece ás persoas solidarias que queiran, doazóns para construír estes pozos de esperanza. Xa levan deceas construídos en países africanos. O acceso a auga potable é un dereito violado en moitos países do mundo. Mentras tanto, nos países ricos parte da poboación prefire derrochar un dos recursos máis escasos do planeta, tan escaso que existen seres humanos que morren por non poder acceder a fontes de auga limpa.