A botica da expresión Rotating Header Image

taurino

Vangarda

O venres pasado e durante esta semana as persoas que cremos que as touradas non teñen sentido en pleno século XXI, tivemos en Catalunya, unha das maiores alegrías dos últimos anos. O Parlament rexeitaba as enmendas á totalidade presentadas por Ciudadants, o Partido Popular de Catalunya, e o PSC, esa versión catalana-descafeinada do PSOE, a proposta popular seguía cara diante.

Os artifíces da iniciativa son 180.169 persoas. Os firmantes dunha Iniciativa Lexislativa Popular que contou con 880 fedatarios, as persoas encargadas de recoller as sinaturas e validalas no momento mediante a revisión do DNI do “firmante”. Era a primeira vez que unha proposta tan multitudinaria sobre a tauromaquia chegaba a unha cámara autonómica.

Dende Galicia, Mellor Sen Touradas, na outra beira do territorio español, e pasando polas comunidades máis rancias do Estado, ofrecíase a visión dos abolicionistas galegos na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Houbo ata un debate case simultaneo coa votación da ILP no Parlament.

A pesares da axustada votación, as enquisas otorgan unha maioría aplastante ás persoas que non queren ver como outros seres humanos teñen a liberdade, e recalco liberdade, para ver como se tortura e martiriza a un animal. Recalco esa curiosa verba porque é un dos argumentos máis manidos polos afecionados e a industria taurina, unha suposta liberdade para poder ver como torturar animais nun espazo privado.

A liberdade e o anti-españolismo, como se todas as enquisas que fixeron medios como El inMundo, La sinRazón, La Coz de Galicia, La Opinión, etc etc foran de tendencia nacionalista histórica; porque hai que saber diferenciar que defender unha tradición centralizadora como é a tauromaquia, vinculada só a determinadas comunidades, tamén é un exercicio de nacionalismo. Pero o debate é sobre protección animal.

Non podemos vincular ao movemento antitouradas co debate nacionalista; pode haber parte dos antitaurinos que sexan nacionalistas e que rexeiten este espectáculo por motivos políticos. Pero ao final, a verdadeira análise que se ten que facer é que cada ano tortúranse máis de 40.000 animais, que os gandeiros de lidia recibiron 220€ por cada guiñapo, e que os festexos subvencionaronse co noso diñeiro.

Encapuchados

Non queren protexer a biodiversidade

Rexeitan o uso do preservativo

Rexeitan o dereito da muller a abortar ou non

Manifestanse contra as unións do mesmo xénero

Rexeitan ás familias non tradicionais

Non lles gusta inculcar valores cívicos ás nenas e nenos (e os non tan nenos)

¿E todavía os financias?

Conferencia Episcopal, co diñeiro de todos

A UE mente e afirma que non otorga fondos FEDER á tauromaquia

Antes de mostrar a realidade do Europarlamento con respecto ás touradas, e a súa falta de ganas por estudar a situación, vou reflectir unha definición do que é o FEDER, ou os fondos FEDER; é unha definición da Wikipedia, e non estou seguro de se todos os parlamentarios europeos a coñecen.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro da Comisión Europea cuxa finalidade é a axuda para o desenvolvemento económico das rexións deprimidas da Unión Europea. Estes fondos son subvencións a fondo perdido, sendo xestionados directamente polas administracións públicas (central, autonómica e local) tendo cada unha delas unha cota de fondos asignado a priori para realizar proxectos na zona.

Os fondos FEDER supón a partida máis grande dentro do orzamento da UE, afectando a áreas de desenvolvemento como os transportes, as tecnoloxías de comunicación, a enerxía, o medio ambiente, a investigación e a innovación, as infraestruturas sociais, a formación, a rehabilitación urbana e a reconversión industrial, o desenvolvemento rural, a pesca, e ata o turismo e a cultura.

Seguindo esta definición, poderíamos supoñer un caso. O goberno dunha rexión de Romanía non ten fondos para a rehabilitación dunha parte do Casco Vello dunha determinada cidade. Este Casco Vello ten interese cultural por parte do goberno central de Romanía; sen embargo, os fondos FEDER que solicitou sonlle denegados, posto que o goberno de Madrid vai reformar a praza das Ventas, colocándolle un novo teito o “coso”.

Este é un exemplo figurado; pero na imaxe que presento a continuación, aparece un cartel informativo dunha reforma nunha praza de touros, financiada con fondos FEDER, imaxe tomada por un membro da plataforma Stop Our Shame (Deteñamos a Nosa Vergoña).

Image Hosted by ImageShack.us

De seguido, adxunto a resposta do europarlamentario Vassilliou, membro da Comisión Europea:

E-3581/08S
Resposta do Sr. *Vassiliou
en nome da Comisión
(4.8.2008)

A Unión Europea móstrase moi activa respecto do benestar animal, e concretamente no caso dos animais de granxa, o transporte de animais e a súa protección no momento do seu sacrificio ou matanza. Con todo, polo que se refire ás corridas de touros, hai que ter presente que o protocolo (nº 33) do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, relativo á protección e o benestar dos animais, dispón que «ao formular e aplicar as políticas comunitarias en materia de agricultura, transporte, mercado interior e investigación, a Comunidade e os Estados membros terán plenamente en conta as esixencias en materia de benestar dos animais, respectando ao mesmo tempo as disposicións legais ou administrativas e os costumes dos Estados membros relativas, en particular, a ritos relixiosos, tradicións culturais e patrimonio rexional».

Así mesmo, o artigo 1, apartado 2, letra b), da Directiva 98/58/CE do Consello, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras , dispón que a Directiva non será aplicable a «animais destinados a participar en competicións, exposicións ou actos ou actividades culturais ou deportivos».
Igualmente, o artigo 1, apartado 2, da Directiva 93/119/CE, relativa á protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza , dispón que a Directiva non será aplicable «aos animais aos que se dea morte en manifestacións culturais ou deportivas».

Dado que as corridas de touros poden considerarse tradición cultural e parte do patrimonio rexional daqueles Estados membros (ou rexións de Estados membros) que tradicionalmente as permiten, quedan fóra do ámbito de aplicación da lexislación comunitaria nesta materia.

A reforma dos réximes de financiamento directo efectuada polo regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello estableceu un réxime de pago único en substitución de varios pagos directos que existían no marco de diversas organizacións comúns de mercado.

Neste contexto, os Estados membros puxeron en marcha unha serie de medidas destinadas a separar total ou parcialmente as axudas directas da produción. Estas últimas, e en particular as destinadas ao gando bovino, concédense actualmente con independencia do número ou tipo de animais criados nas explotacións gandeiras, ou ata do propio acto de produción. Concretamente, a «curmá especial por bovinos machos», que podía ata entón concederse por machos castrados ou non castrados criados para o seu engorde, fora cal fora o destino final destes animais, integrouse por completo no pago único *disociado da produción. No entanto, aínda se contempla a súa concesión parcial como tal en catro Estados membros (Dinamarca, Suecia, Finlandia e Eslovenia), nos que a *cría de gando bovino non está orientada ao engorde de touros destinados a lídaa.

A Comisión non ten información sobre financiamento directo das corridas de touros polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

[1] DO L 221 de 8.8.1998.

[1] DO L 340 de 31.12.1993

[1] DO L 270 de 21 de outubro de 2003, Reglamento modificado por última vez polo Reglamento (CE) nº 293/2008 da Comisión (JO nº L 90 de 2 de abril de 2008)

A pregunta e a resposta poden consultarse en castelán en:
Raül Romeva, preguntas por escrito á Comisión Europea