A botica da expresión Rotating Header Image

touros

De touros e liberdade, pasando por Vedra

Nesta semana comezaron as comparecencias na Comisión de Medio Ambiente e Vivenda do Parlament de Catalunya, sobre a iniciativa lexislativa popular contra as touradas, coa asistencia dun total de 30 persoas (comparecentes). Pola parte que nos toca, apostouse por catedráticos, escritores, expertos en comportamento animal e veterinaria, etc. A fin de contas, pola ciencia e a racionalidade.

Pola outra banda, e supoño que perante a falta de argumento do sector taurino, foron ex-toureiros, membros de peñas, gandeiros, en fin; xente en xeral con “poucas luces”, seguindo símiles taurinos.

Certos medios de comunicación, coñecidos habitualmente como a caverna, manipularon interesadamente as declaracións de Jesús Mosterín, cando afirmou que a ablación do clítoris era tan tradicional como a tauromaquia. Efectivamente non é barbaridade. Cando unha industria afirma que a tauromaquia ten longo percorrido na Historia de España, lóxicamente pode equipararse con outras “tradicións” como esta salvaxada prácticada nalgúns países africanos, ou o “machismo” todavía existente en España e outros países. Son tradicións, e non precisamente positivas.

Por outra banda, o pasado 4 de marzo tivo lugar a votación dunha moción contra as touradas no Concello de Vedra. Como parte da campaña da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, “Queres declarar a túa vila abolicionista?”, e coma se dunha paradoxa se tratase, a moción aprobouse cun voto a favor, e 12 abstencións, garantindo que Vedra sexa a segunda vila contraria as touradas de Galiza, despois da declaración de Cangas do Morrazo.

Por certo, as páxinas web da plataforma GMST, da plataforma da ILP (Prou!) e da Asociación Animalista Libera! foron atacadas nos prolegómenos das comparecencias no Parlament. A falla de argumentos dalgúns e o medo a non poder presenciar máis carnicerías nas prazas de touros, florecen.

A Coruña acollerá un seminario internacional antitaurino

TRADUZO A NOVA DENDE A WEB DE LIBERA! E INCLÚO O CARTEL DO SEMINARIO

A Coruña acollerá un seminario internacional sobre as touradas

Trátase dun evento pioneiro a nivel galego, e que celebra a súa segunda edición, desta vez internacional, na cidade da Coruña.


O “II Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia” terá lugar os días 19 e 20 de Xuño, na sala de conferencias do Pazo de Exposicións Kiosko Alfonso. Conta coa colaboración da Concellaría de Cultura, e a entrada é de balde.

Durante primeiro día terán lugar dous debates, o que abre a tarde, as 18:00 horas, con catro formacións políticas e o seguinte, as 19:30 horas, coas organizacións xuvenís destes partidos. Será a primeira vez en Galicia, que teña lugar un debate sobre a tauromaquia entre políticos. Os grupos invitados foron o PSdeG-PSOE, Partido Popular, Esquerda Unida e o BNG. As formacións xuvenís pertencen ás formacións invitadas

No segundo día ofreceranse un conxunto de conferencias sobre as touradas, dende distintas perspectivas. O doutor en filosofía Óscar Horta, na actualidade, investigador na Universidade de Rutgers, en Nova Iersei; ou Raül Romera i Rueda, eurodeputado e membro de Iniciativa per Catalunya-Verds serán algúns dos poñentes desta segunda edición.

As institucións públicas non queren touradas
Durante o presente ano, xa son tres as concellarías de vilas galegas que colaboraron na organización de actividades contrarias ás touradas. En Febreiro foron a Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, e en Xuño será a Concellaría de Cultura da Coruña.

Fontes da plataforma explican: “É lóxico que cada vez máis as institucións públicas queiran apostar por actividades que amosan un verdadeiro respeto cara os animais, neste caso os touros; ademais, xa temos varias propostas de varias concellarías para seguir desenvolvendo este tipo de iniciativas, durante 2009, nas súas cidades”.

500 euros por touro
Foi un membro do grupo Verdes/ALE do Parlamento Europeo quen descubriu que a Unión Europea subvenciona ós criadores de touros para eventos taurinos, cunha partida presupostaria cun montante total de 20 millóns de euros ó ano; cada criador percibe ó redor de 500€ por cada animal.

En palabras de Raül Romeva, eurodeputado, “a tauromaquia converteuse nunha industria altamente subvencionada polas institucións; é inconcebible que nesta última lexislatura europea gastáranse 100 millones de euros neste tipo de subvencións”.

Agosto Antitaurino en Ponvedra

I XORNADAS ANTITOURADAS

SÁBADO DÍA 2 DE AGOSTO (C.S Revira)*

– 22h: Apresentación da curta antitaurina “Verdades que doen” e mais do SPOT “Pontevedra Antitaurina 08″.

– 23h: FOLIADA ANTITAURINA. Co grupo de Folk galego “Lincorne”.

7 DE AGOSTO (C.S Revira) * posíbel cambio de horario, estade atent@s

– Proxección do filme antitaurino “Animal, a Película”

8 de AGOSTO (C.S Revira)

– 20h. Xornada Antitaurina. Palestra a cargo de:

Diego Viéitez (Galiza) Activista de Verdegaia.

Helena Escoda Casas (Catalunya) Licenciada en Historia. Activista de LIBERA!

Moderada por Pontevedra Antitaurina.

9 de Agosto

Mobilización Antitaurina às 19h na Praza da Peregrina.

*O C.S Revira está ubicado en Arcebispo Malvar, 33 (Pontevedra), perto do Campiño de Santa María.

Vémonos en Pontevedra!!!